Nos ultimos dias fun, cos meus companheiros de viaxe, de Skardu a Askole en vehiculo todo terreo por pistas de terra polvorenta e con fermosas e aereas vistas sobre o rio Indo. O vehiculo rompeu a direccion e foi reparada in situ daquela maneira, continamos viaxe con "certa" inquedanza.
Ao dia seguinte iniciamos o treking, de Askole a Yula, nunha comoda xornada a pesares do sempre pesente polvo.
Na segunda xornada do treking chegamos a Paiyu, un pequeno oasis neste entorno de pedras e terra polvorenta de escasa vexetacion. A paisaxe e' fermosa, cada dia mais.
En Paiyu (3.359 m) tivemos un dia de descanso, que aproveitei para acadar os 4.635 m, cunhas boas vistas sobre o val.
Hoxe, ao pouco de sair de Paiyu (7.00 h), entramos no glaciar do Baltoro... Impresionante! O treking polo glaciar e' duro con costantes subidas e baixadas e co sol quentando sen descanso, pero contemplando as miticas paredes do Trango: a Torre sen nome, a Gran Torre, a Catedral... E ao fondo o Broad Peak. A xornada rematou en Urdukas (4.000 m), as 14.45 horas.
Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009
3 comentarios :
se ve que estás a desfrutar. Pois que así sexa todo o tempo, e sobre todo que non haxa incidencias!. Xa nos dirás se tes operativa a batería do t.satélite para mandarte avisos.
holass SECHU:
XA POIDECHE PROBAR AS DUAS BOTAS ESQUERDAS...JE,JE
eSTA CHE A GARDAMOS....NOS ALEGRAMOS QUE TE CHEGARA TODO,... A BROMA QUE CHE GASTAMOS DE PAGAR O TRANSPORTISTA PARA QUE NON CHE ENTREGARA O ULTIMO BULTO ATA FAI ESTIVO BEN,A QUE SI?..JE,JE.
ENVEXA NOS DAS VENDO NOS SITIOS QUE ESTAS, ..SIGUE,SIGUE CONTANDO ...SAUDIÑOS DENDE MUSGO E QUE CHE VAIA MOI BEN.
SAUDIÑOS DE CARREÑO TAMEN
Hola Sechu, soy Agus, tu primo. Estuve en Miño con Xulio y me habló de tu blog. Mucha suerte. Seguiré tu aventura por internet.
Un abrazo.
Publicar un comentario