14/07/09

Campo 1 (5.900 m)

Agora vou contar o que aconteceu nos ultimos dias da expedicion.
A madrugada do dia 6 (algo antes das 4 h) saimos os dez companheiros para o campo 1 (C1). E' unha longa marcha por glaciar na que se ganhan 900 metros de desnivel, pero subense uns 1200, polo trazado da ruta entre gretas e seracs . Eu iba encordado con Sandrine (francesa) e con Miguel Angel (navarro). Sobre as 8 da manha a 5500 m, a altura pasoume factura e decidin plantar a minha tenda, na mochila tinha de todo, pero pesaba dabondo. Pouco despois Miguel Angel encontrouse mal e decidiu baixar ao CB [e un dia despois decidiu regresar a Espanha... magoa]. David (malaguenho) tampouco estaba ben e plantou a sua tenda ao meu caron. Os dous pasamos o dia "tirados" nas tendas.
O dia seguinte fixemos o esforzo de ir cara o C1, a min levoume case "7 horas" e o pasei fatal.
O dia 7 de xullo amanhece a -19°C, Marta (aragonesa) e Carlos Soria (madrilenho), suben ata o campo 2 (C2) do G1 a facer un porteo de material. Sandrine e os tres vascos (Unai, Oskar e Arkaitz) tamen van ao C2 donde pasan 2 noites. Eu e David damos un paseo cara o C2, para ganhar algo de altura. Luis (levantino) vai cara o C2 do G2, pero pronto regresa e vai para o CB.
O 8 de xullo, sen presa, David e mais eu vamos para o CB, tardamos unhas 4 horas, antes xa baixaran Marta e Carlos. Toca comer ben e recuperarse.
Dia 9, seguimos no CB, chegan os outros catro directamente do C2 e estan de sorte, estamos facendo nos a comida "tortilla espanhola". Se incorpora ao noso grupo Miguel (leones), volvemos ser dez.
Dia 10, seguimos no CB, pero estudando cando subir de novo, en funcion da prevision metereoloxica. Miguel (que ven de Andes e esta aclimatado) e mais eu (que non aguanto moito parado no CB) decidimos subir manha, queremos durmir no C2, para dende ali intentar acadar o C3, sempre do G1, o meu principal obxectivo. Luis nos acompanhara ata o C1.

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

5 comentarios :

Helga y Pablo dixo...

Hola Sechu, soy Helga, por fin entro en tu blog. Ma alegra saber que todo marcha bien. Mucho ánimo.

Xulio dixo...

Vaia, parece que a cousa é bastante dura. En fin, como a terquedade é unha das túas "virtudes" non tardarás en ir subindo, paseniñamente. Ánimo e apertas!

federico dixo...

xa sabemos que é dificil que estes parado, moita forza e parriba.Bicos

rosinha dixo...

Ola!Vexo que a cousa non e moi doada,ánimo e pouquinho a pouco faise caminho.
Bico

monica miguez dixo...

Hola sechu,espero que consigas tu meta y que os vaya todo muy bien,besos.