15/07/09

Campo 2 (6.430 m)

O dia 11 pola tarde, Miguel, Luis e mais eu iniciamos o ascenso polo glaciar ata o C1. Din que, basicamente, os montanheiros que transitan por glaciares se dividen en dous grupos: os que xa levaron un susto nunha greta... e os que o van levar. Tardamos 7 horas, cunha unica parada de 15 minutinhos. Tenho que destacar a minha primeira experiencia-susto nunha greta, coleime ata o peito, afortunadamente estaba correctamente encordado, sen consecuencias (neste glaciar as gretas tenhen unha profundidade media de... 150 m!). Chegamos pasada a media noite, cea quente e para o saco, cada un nunha tenda

1 comentario :

Xulio dixo...

Os sustos no los das tamén a nos o ler estas cousas!. Polo menos parece que mantés o humor. Un saudiño.