05/07/09

Esta madrugada imos ao C1

Esta madrugada os dez membros do grupo intentaremos acadar o campo 1 (C1), temos previsto sair as 3.00 h, polo que tenho posto o espertador para a 1.30 h. Escribo na PDA dende o saco de durmir, a temperatura no interior da tenda e' de -3°C.
Onte pola manha din un paseo polo glaciar, no inicio da ruta que vai ao C1, ata chegar a primeira greta perigosa. A ruta esta ben balizada, pero hai moita neve fresca. Polo seran comezou a nevar a xa non parou ata as 4.30 h da madruga, que foi cando a xistra foi forte dabondo, a neve colouse no doble teito da tenda e cubriu todo o que ali se atopaba.
As avalanchas son costantes, dia e noite. Un espectaculo digno de ver... a certa distancia.
Hoxe o dia amenceu fantastico, nin unha nube e todo cuberto cun fermoso manto branco. Varios companheiros fomos ata o final da morrena do glaciar, dende onde comtemplamos o G2 e o G3. O sol foi abrasador. Ao regreso a comida, ben feita e bastante variada, dadas as circunstancias, inda que as ceas son mais abundantes. Polo seran, despois da sesta, preparacion da mochila e sesion de fotos. Cea, mais fotos (o dia as merece), e para a tenda, que manha sera un dia duro.

Dicir que se poden enviar sms ao meu telefono satelite de xeito gratuito entrando en www.iridium.com , logo pinchar arriba a dereita "enviar sms a satelite" e xa acededes ao envio, logo ponher o meu numero 881651475971 (as primeiras 4 cifras xa estan) indicar o nome ou email voso e escribir o texto. Doado non? Pois xa me podedes enviar animos.

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

3 comentarios :

Unknown dixo...

Ola! Só con ler o que escribes xa tenho arrepios do frío que fai por aí,ainda que por aqui tampouco moita calor non fai.Segue describindonos por onde andas e asi podemos sonhar un pouco con eses sitios.
Bico

Xulio dixo...

xa teño gañas de ver esas fotos!. Apertas mil.

Jorge Barreiro dixo...

Socio !!! A verdade e que esos relatos fan que a un lle entren gañas de disfrutar de esas paisaxes contigo ( a pesar da friaxe ).

Ánimo e que todo saia ben, que seguro que así será.

Un saúdo e culmina pronto, que xa teño gañas de ver esas fotos ;).