Nestes momentos Sechu,xunto con dez alpinistas máis, están no Campo IV Alto, a 7.100 metros de altura. Comunicou á súa situación ás 14.00 horas. Do grupo de once, un alpinista quedou no campo anterior.
Chegou a este novo campo tras tres horas e media de dura camiñada xa que ademais da altura, hai moita cantidade de neve e está esvaradía.
O grupo está moi animado por que a predición de tempo para mañá pola mañá é de sol e sen vento, inda que pola tarde xa dan neve. Por iso a intención é descansar ata as 21.00 horas en que intentarán avanzar cara ao cumio
Mentres, sigue de bo humor acompañado na tenda polo alpinista peruano Richard Hidalgo. Prevén que se non hai contratempos, e se as condicións da neve fosen boas tardarían unhas oito horas ou oito horas e media, pero o optimismo non lle impide saber que non será fácil, e que influirán moitos factores, por iso di que fará o que poida.
4 comentarios :
Moitísima sorte!!! Estamos impacientes das boas novas.
Moitas grazas por informarnos tan puntualmente do que acontece alá arriba..
Françoise e Andrea Michèle
Arriba, arriba, arriba. Animo y mucha suerte mañana.
Saludos
Javier Gonzalez
¡animo compañeiro!
Un esforzo máis e estás no cumio, e un pouco máis e estás de volta con todas e todos nós.
Esperamos ansiosos e ansiosas ás túas novas.
Sen avisalos siquera vou firman en nome de toda a directiva, o seu sentir é o meu, e o meu sentir é o deles. ¡Todos subimos contigo!
Aloumiños coa calor que precises.
Lourdes
Te seguimos desde el principio Sechu. Un saludo CRack, decirte q no me canso de contar que..."hay un galego no Annapurna!" Sorte, seguro que terás exito!!!!
Publicar un comentario