03/05/12

Por fin no Campo 3


Boas novas. Cando son as 13.45 horas Sechu acaba de comunicar que tras 6 horas de moi dura travesía por fin está no Campo III, acompañado de outras 8 persoas, xa que unha decidiu quedar no campo anterior.
A intención é continuar cos plans previstos, contando con que a predición meteorolóxica cambie a bo, xa que nestes momentos o preocupante é que sigue nevando.
Atópase ben e con ganas de seguir adiante.