07/05/12

Sechu no Campo 3


A comunicación telefónica do día de hoxe foi ás 16.30 horas.

Sechu dixo atoparse ben, pero tamén di estar moi cansado por iso decidiu quedarse no Campo 3, para recuperar enerxía e forzas e saír de madrugada cara o Campo 2, desta forma terá a neve máis dura, menos risco de avalanchas e o descanso viralle ben para traballar mellor e máis alerta, xa que esta próxima etapa é das máis perigosas.

O resto dos alpinistas decidiron seguir baixando, polo que o descenso ao Campo 2 farao sen compañeiro algún.

Pediu que publicásemos no seu blog que lle quere dedicar o cumio do Annapurna, ao club dos seus amores, Montañeiros Celtas, que ademais este ano celebra o 70 aniversario.

Comentou tamén que foron 7 os alpinistas que fixeron cumio, entre eles Oscar e o seus sherpa e un iraniano e o seu sherpa.

Sabe que para celebrar o cumio aínda lle queda o máis importante, chegar ao Campo Base sen novidades, por iso quere estar concentrado para o traballo que lle queda por facer, e di que da as grazas por todos os apoios que está recibindo.

3 comentarios :

Benaches dixo...

Bravo!. Esperamos tus comentarios desde el CB.

Silvia Bermúdez Pérez dixo...

Ánimo Sechu!!

Esther Gines dixo...

Enhorabuena por la cumbre, campeones! Los amigos estamos deseando veros. Un abrazo de partir las costillas para Oscar y mis felicitaciones para ti.
Esther Gines desde Tarragona.