09/05/12

Xa na civilización, en Totopani


Como a tecnoloxía aínda lle impide a Sechu contarnos da súa propia voz o que lle aconteceu nestes días, e para tranquilizar a todos os que estades pendentes del, dirémosvos que hoxe ás 11.30 horas di atoparse xa co grupo na aldea de Totopani e,  sen tempo aínda para avaliar as posibles secuelas de tan dura baixada, dixo que xa comeu, bebeu e repuxo moitas forzas. Dende aquí trasladarase a Pokara onde durmirá unha noite para posteriormente trasladarse a Katmandu.
Está animado, aínda que acaba de enterarse da morte do alpinista húngaro Tivor Horvath, o que pon a nota triste a todo este proxecto.
O próximo día 18 ten previsto coller o avión que o trasladará, xa o día 19, a Madrid. Deixaremos a partir de agora que sexa el quen escriba no seu blog.
 Aproveitamos para dar as grazas a todos os que vos interesastes por Sechu e polo seu proxecto, e a ti Sechu dámosche a benvida a casa, dámosche tamén os nosos parabéns en enviámosche unha moi, moi, pero que moi agarimosa aperta de todos os que te queremos.

4 comentarios :

Dormilon dixo...

Bienvenido de vuelta!!!!

Me alegra ver que estás entero :-)

Dulfer

Lourdes dixo...

Amigo meu, xa non hai volta atrás, escribiches unha importante páxina, na historia do Club, o teu CLUB, o meu CLUB, o noso CLUB, de todos nós, Club Montañeiros Celtas, e o Club escrebeu unha páxina na historia do montañismo galego, e o montañismo Galego fixo o mesmo no montañismo do estado, ... ¿sónache?...
Lembranza para Chito, ¡como estaría disfrutando agora con este logro!
"A senda que constrúes e os logros que consigues deixan pegadas para o futuro, os próuximos 70".
Querémoste, noso montañeiro.
Lourdes

Seccionsindical dixo...

¡¡¡ENHORABUENA!!!, por ese sueño cumplido, por vivirlo y disfrutarlo ... y gracias por compartirlo con todos nosotros. Bicos

Conchy (Federico)

Joaquín Pérez Pérez dixo...

¡¡Enhorabuena, Sechu!! Cumplir un sueño no está al alcance de todos, para ello hay que ser perseverantes en el intento de culminación del mismo... ahora a por el siguiente, eso es vivir en plenitud.