12/12/12

Sonia

Hoxe vai ser un día doado de lembrar: 12 do 12 do 12, e quero aproveitar para facer un especial recoñecemento público, a unha persoa vital para min.

O nome de Sonia aparece de cando en vez nos meus textos, neste blog e nalgunha outra publicación, o que xa da idea de que é unha persoa importante na miña vida, pero falta dicir algo.
Sonia é a miña parella, conto co seu apoio, axuda e ánimo en calquera dos meus proxectos. Xuntos viaxamos a moitas montañas, a nosa actividade preferida. Compartimos tantas cousas.... tamén alegrías e tristuras, unhas veces estamos máis achegados e outras, as menos, distanciados. Cos anos, o noso vínculo é máis forte, sendo quen de superar as dificultades.
Recoñecelo é de xustiza, sen ela todo tería sido moito máis difícil, sobre todo nas miñas expedicións ás grandes montañas. Sempre puiden contar con ela para o que precisara, e sobre todo, xa lonxe, a miles de quilómetros, para saber que estaba sempre pendente do teléfono, esperando cada chamada que, ás veces, eu facía polo simple pracer de escoitar a súa cálida voz.
Grazas Sonia, quérote!

Ningún comentario :