Pechei a miña actividade deportiva do 2013 participando no Campamento
Social de Espeleoloxía do meu Club, na última fin de semana do ano, 28 e 29 de
decembro.
A actividade desenvolveuse na zona do "Parque
Natural de Enciña da Lastra" e alí xuntámonos 14 espeleólogos, facendo dous
grupos en función da experiencia de cada un. Eu fun ao Sistema "K1-Cubelas", practicando
as técnicas de vertical e volvendo saír pola boca superior por non dispor o
grupo de bote para facelo polo encoro. Patri tamén viu, e entrou na súa
primeira cova co outro grupo, no complexo da Zorra-Despiste.
Ao día seguinte, como
estabamos en Nadal, os cascos apareceron caracterizados para a ocasión... Nesta
segunda xornada visitamos "Pala Silverto", unha cova horizontal.
O grupo camiño da K1
Foto: Miguel Caramés
Contemplando un grupo de morcegos na K1
Foto: Miguel Caramés
Subindo un dos pozos da K1, ao regreso.
Foto: Miguel Caramés
Os cascos decorados de Nadal
Foto: Carolina Rodríguez
Ningún comentario :
Publicar un comentario