Námaste!
Tras
o devastador terremoto do pasado sábado en Nepal, e ante o drama
humano que acontece con miles de mortos e feridos, de xente que
perdeu o seu fogar ou seu traballo, onde os nenos serán sen dúbida
os máis prexudicados, sumado á tristura da destrución do seu
fermoso patrimonio cultural... lamentarnos non é suficiente, podemos
facer algo máis, podemos axudar!
Nestas
datas eu podería estar en Nepal, de expedición no Himalaia, pero
non conseguín os cartos necesarios e estou en Vigo. Quixo o destino
que non viaxara? dinme que tiven sorte; quizais foi simple
coincidencia. De estar alí gustaríame estar prestando axuda
directa, non sei como, non son un experto, quizais sería só un
estorbo; pero teño a necesidade de axudar a ese país que coñezo e
quero, un pobo hospitalario, de xente humilde e alegre... Nepal
necesita de nós.
É
un dos países máis pobres do mundo, e agora vai selo inda máis,
pero que namora, pola vitalidade e cariño das súas xentes, pola súa
cultura e a mestura cordial do budismo e hinduísmo, polas vivas
cores das súas emotivas bandeiras de oración que están por todas
partes... e polas súas fermosas paisaxes e grandiosas montañas.
A
todos encolléusenos o corazón ao saber da catástrofe e de seguro
que moitos sentides esa mesma necesidade de facer algo, porque somos
solidarios. Por iso pídovos unha contribución económica, na
mediada das posibilidades de cada quen, a algunha das ONG con
capacidade de resposta ante a dramática situación e que
preferentemente sexan coñecedoras da realidade do país, por xa
estar facendo labor humanitaria dende antes do terremoto. Eu vou
facer algunhas suxestións:
-
SOS HIMALAYA Fundación Iñaki Ochoa de Olza. Iñaki quería
devolver aos nenos máis pobres, orfos e necesitados dos países con
montañas de máis de 8000 metros, parte do que el tivera recibido en
máis de 20 años de expedicións no Himalaia... SOS HIMALAYA iniciou
o seu proxecto en 2008 construíndo unha escola e reconstruíndo
outras dúas en Nepal, conseguindo afastar algo máis da miseria a
500 nenos dunha rexión remota do país.
-
MOUNTAINEERS FOR HIMALAYA. Fundación impulsada por Edurne Pasaban,
co obxectivo de “devolver as cousas boas que o Himalaia ten dado
aos montañeiros”, e que recada fondos dende 2011 para axudar á
educación e cuidado dos nenos nepalís. Máis información na web de
Edurne Pasaban.
-
MÉDICOS SIN FRONTERAS, fundada en 1971, é unha das maiores
organizacións humanitarias independentes do mundo, para dar
asistencia a poboacións en situacións de crise, sen discriminación
por raza, relixión ou ideoloxía política. En 1999 recibiu o Premio
Nobel da Paz.
-
OXFAM INTERMON, organización non gobernamental de cooperación para
o desenvolvemento (ONGD), internacional, independente e sen ánimo de
lucro, que centra as súas actividades en ofrecer unha resposta
integral ao reto da pobreza e a inxustiza para que todos os seres
humanos podan exercer plenamente os seus dereitos.
*Námaste
é unha expresión de saúdo que se usa en varias tradicións
budistas así como en numerosas culturas en Asia, tanto para saudar,
como para despedirse, pedir, dar grazas, mostrar respecto ou
veneración e para rezar. Normalmente acompáñase por unha
inclinación lixeira da cabeza e unindo as palmas das mans fronte ao
peito, en posición de oración.
1 comentario :
Play The Real Money Slot Machines - Trick-Taking Game - Trick-Taking
How 출장안마 to Play. Play The Real Money Slot Machine. If you are searching for a https://septcasino.com/review/merit-casino/ fun, exciting game novcasino to play online, we https://tricktactoe.com/ have you kadangpintar covered.
Publicar un comentario