Eu
participo activamente neste proxecto.
Espero que sexa do voso interese e vos animedes a participar.
Espero que sexa do voso interese e vos animedes a participar.
Un
grupo de persoas estamos traballando nun Proxecto Solidario co Nepal,
que demos en chamar "MONTAÑEIROS
GALEGOS POLO NEPAL". Un proxecto no que teñen cabida todos
os clubs de montaña e todos os montañeiros que queiran
participar, así como outros colectivos e persoas afíns, ben
aportando ideas propias ou ben implicándose nas que se estean
elaborando nese momento. O noso obxectivo é ir recadando cartos
ata o 1º aniversario do terremoto que estragou case todo o Nepal,
causando máis de 10.000 mortos e millóns de persoas ca súa vida
arrasada. A día de hoxe aínda quedan aldeas ás que non lles
chegou ningún tipo de axuda, nin se sabe ben en que condicións se
atopan. Tras o recente paso do monzón as condicións de vida non
fixeron máis que empeorar esta dramática situación.
O 25 de
abril de 2016, cando se cumprirá un ano do terremoto, pretendemos
acadar un cume especial, o “Everest Solidario” acadando 8.848
euros para facelos chegar aos máis necesitados, a través da ONG
“SOS HIMALAYA - Fundación Iñaki Ochoa de Olza”.
Preto
dese aniversario realizaremos actuacións importantes, pero iniciamos
xa esta “Expedición Humanitaria” coa que axudar a paliar o
mellor posible a situación catastrófica na que quedaron
estas
humildes persoas.
No Nepal escribíronse as máis grandes fazañas da Gran Historia do Montañismo e os nepalís foron clave para realizalas.
O colectivo MONTAÑEIROS GALEGOS POLO NEPAL, con abreviatura MGxN e identificado cun logotipo propio, realizará accións conxuntas ou individuais, coordinadas e co obxectivo común de “Axuda ó Nepal”. Todos os cartos obtidos polo colectivo serán entregados á “SOS HIMALAYA - Fundación Iñaki Ochoa de Olza”.
Ao fin de comunicar toda a actualidade sobre este proxecto solidario, o colectivo estará presente en redes sociais.

Galicia,
7 de outubro de 2015
MONTAÑEIROS
GALEGOS POLO NEPAL
Ningún comentario :
Publicar un comentario