A pasada ponte de
maio recuperei outra das miñas actividades, a espeleoloxía. Despois
de dous anos, regresei ao mesmo sitio onde realizara esta actividade
por última vez, ás covas de Cantabria e con base no cámping de
Ramales. E o fixen unha vez máis co GES Montañeiros Celtas, o meu
Club. Inda que desta vez só éramos cinco. O pasamos moi ben.
Deixo aquí un vídeo resumo das gravacións que realicei nas tres covas visitadas, unha por cada día que estivemos alí.
Ningún comentario :
Publicar un comentario