Mes da montaña e a aventura en Galicia.
16 conferencias anunciadas, entre Vigo, A Coruña e Ourense. Ir a
todas non é posible, xa que algunhas coinciden en data e hora,
haberá que elixir!
Para facilitar a asistencia, fixen unha
listaxe na que agrupei as conferencias, por orde cronolóxica.
Animádesvos a asistir, todas son de balde e os clubs organizadores e
os seus colaboradores fan un gran esforzo para achegarnos temas e
persoas interesantes. Os clubs e os conferenciantes agradecen a
participación. Non faltedes!
A primeira conferencia é en Vigo, con
Chus Lago o mércores 8 no Club Faro de Vigo, socia distinguida de
Montañeiros Celtas, Club que con motivo do seu 75 Aniversario
organiza sete conferencias, e tamén unha Exposición na Fundación
Barrié (rúa Policarpo Sanz, 31.- Vigo) que remata o 1 de decembro. Máis info: www.celtas.gal
A 14ª edición da Semana da Montaña da
Coruña, do martes 14 ao sábado 18 de novembro está organizada este
ano pola S.M. Ártabros e pola AMI (Agrupación de Montañeiros
Independentes) que organizan proxeccións e charlas. Máis info: www.artabros.org
A 19ª edición da Semana audiovisual do
Club Alpino Ourensán, do martes 28 de novembro ao venres 1 de
decembro, ten como fío condutor a exploración e a aventura. Máis
info: www.clubalpinoourensan.es
Eu terei a honra e satisfacción de
presentar aos catro alpinistas (e escaladores, exploradores e
aventureiros) que estarán en Vigo: Chus Lago, Ferran Latorre, Carlos
Soria e César Pérez de Tudela.
Ningún comentario :
Publicar un comentario