10/08/09

Esta e' a minha historia nos Gasherbrum (Parte I)

Estou en Islamabab, cheguei en avion dende Skardu onte pola tarde, a temperatura na capital era de +41 graos, insoportable. Hoxe dediquei o dia a facer algunhas compras, pasear por Rawalpindi e comer dabondo, estou moi delgado.
Os ulimos dias foron esgotadores. Sinto non ter escrito moito antes, pero a tecnoloxia non aguantou nin o ritmo, nin o frio nin o rudo trato. Entre outras cousas, tenho o telefono satelite
escangallado, a antena esta 'kaput'(cable solto), para que funcione (cando quere) tenho que facer filigranas.

Dende que contei a desaparicion de Luis, tenhen pasado moitas cousas. Foi duro ao principio... e segue sendo duro agora.
Pero sexamos francos; ningun de nos viu ao Karakorum a facer amigos, todos vimos a estas montanhas para intentar subilas, para conhecer novos paraxes, para descubrir unha rexion fermosa, e como non, para convivir con xentes dunha cultura diferente. Eu non conhecia persoalmente a ningun dos meus companheiros de viaxe, pero puxen da minha parte todo o que tenho para facer bos amigos e deixar un bo recordo nos meus companheiros de expedicion, para que a convivencia fora boa e para que as relacions persoais foran unha parte importante da nosa experiencia. E penso que neste aspecto a expedicion foi un exito.

Dito esto, co paso dos dias afrontamos a desaparicion e morte de Luis como algo doloroso, pero asumible. Estamos nunha expedicion de alta montanha, todos sabiamos que algo asi pode ocorrer. Decidimos continuar cos nosos proxectos de cumio.

Despois de varios dias parados no CB, outros grupos xa estaban en accion. O G2 estaba moi cargado de neve, pero o G1 ten outra orientacion (estan enfrontados) e era viable. O sabado 25 de xullo, os catro bulgaros e o finlandes co xapones estaban no C3 cunha boa pevision do tempo para a fin de semana, e o dia seguinte fixeron cumio no G1 nun dia extraordinario
sen vento e despexado. Parabens.
Ese mesmo sabado eu xa non aguanto mais, no CB falo co aleman (Dirk Grunert, dous oitomiles). Sabia que el tinha intencion de ir para cumio eses dias facendo cordada co nepali Serap Sherpa. Ok, o dia seguinte subiremos os tres, ademais dun frances e un turko. Os cinco iriamos directamente ao C2 para intentar facer cumio o martes, ultimo dia previsto do periodo de bo tempo. Eu estaba un pouco preocupado polo forte ritmo que poderian imponher, xa que Serap e Dirk demostraban estar moi fortes.
O domingo 26, subimos en 5 horas ao C1, eu encordado con Dirk saimos as 4.00 h do CB acompanhados pola grata parella-cordada portuguesa Daniela-Paolo. Logo chegaron os outros tres. Nunca entendin, e sego sen entender, como Serap (lider da cordada de 5) decidiu que esperaramos no C1 ata as 14.00 h para continuar a ascension. As duas da tarde facia un sol abrasador, non facia nada de vento e iniciamos a marcha polo prato' superior do glaciar penosamente, parecia unha travesia polo deserto. O turco e o frances non aguantaron moito, pasadas duas horas, nas primeiras rampas, solicitaron desfacer a cordada, sabedores de que eu levaba unha corda extra. Asi pois, Serap, Dirk e mais eu continuamos e mais atras seguiannos o turco e o frances nunha cordada de dous.
Chegamos ao C2 onde eu tinha unha tenda que ocupamos Dirk e mais eu. Os outros tres ocuparon a tenda de Carlos e Marta. Despois da cea, falei un rato con Dirk pero de seguido quedou durmido, o dia fora moi largo. Intentei mandar unha nova coa PDA, pero non quiso nin encender.
O dia seguinte non madrugamos, peparamos as mochilas e os demais foron saindo cara o C3. Inda non saira eu (o ultimo, como sempre) e xa estaba o turco de regreso, que non lle ian as pernas, me dixo. Fun tras os meus companheiros de aventura e os
alcancei no inicio da corda fixa. Serap, que levaba unha tenda para todos eles, di estar cansado. Ningun dos outros ofrecese a axudalo coa tenda, a cousa pinta mal. Eu ofrezcolle a Dirk compartir a minha pequena tenda no C3. Ante a situacion, tomo a iniciativa e emprendo a ascension polas cordas fixas, os outros van vindo detras. Pero a metade de ascension decatome de que
xa so' ven Dirk, os outros descenderon. Ben, penso que Dirk pode ser un bo companheiro par ir cara ata o cumio. Pero vaise quedando moi rezagado... e finalmente descende. Chego ao C3, monto a minha tenda e fago auga, de seguido preparo a cea, as vistas son maravillosas. Duas horas e media despois chegan catro checos, so' venhen a durmir para aclimatar. Estou so' para
intentar o cumio, ben, non hai problema, so' tenho que sacar o mellor montanheiro celta que levo dentro. A prevision de Meteogalicia era boa ata o martes, despois ven mal tempo. Parece que era posible, inda que non sei como respondera o meu corpo a esa altitude...
Martes 28, inicio a ascension as 3.10 horas, vou bastante cargado... para ir cara o cumio, levo entre outras cousas a minha camara fotografica reflex (1,5 kg) (en contra da opinion de todos os meus companheiros), pero cada un ten o seu vicio, je je.
A noite era despexada, fria pero con pouco vento. A ruta era evidente e sen ningunha complicacion tecnica, inda estaba boa parte da pegada dos que ascenderan facia dous dias. Pasaban as horas e empezaba a saborear o gusto por unha cume deseada, o meu primeiro oitomil... erro. Sobre as 9 e algo unha nube formouse na montanha, e eu estaba metido nela. De repente todo cambiou, non se veia nada, o vento aumentou violentamente e a neve era axitada en todas direccions. Seguin subindo, coa certeza de que aquela nube desapareceria antes ou despois, a tinha visto moitas veces dende o CB e dende o C1. Pero aos 7.859 metros de altitude (segundo o meu GPS), eran as 14.00 horas e non veiase o cumio, nin a ruta, nin nada. Era a hora de seguridade imposta por min mesmo, tinha que baixar. Foi dificil tomar esa decision, pero baixei. Sobre as 17.30 h a nube esfumouse e quedou unha tarde maravillosa. Eu cheguei ao C3 as 19.30 horas. Estaba so'.

3 comentarios :

Xulio dixo...

rapaz ... daslle un aire de novela moi interesante. En fin, eu espero que pasen os días para que mo poidas contar en persoa. Un saudiño. Xulio

Andrea dixo...

Boas, que ven que a historia segue no blog.
Avisa do día que chegas a Vigo. Pero non fagas das túas, e ¡colle o avión de regreso a tempo! jejeje
Saúdos Andrea Michèle

rosinha dixo...

Imos botar en falta o estar pendentes das tuas historias,pero o mellor vai ser verte entre nos e que nos contes persoalmente a aventura.Parabens.