11/08/09

A minha historia nos Gasherbrum (Parte III)

Foto: aresta cimeira a oitomil metros. En primeiro plano restos de corda.

Venres 31 de xullo. Hoxe deberia baixar ao CB, descansar o dia 1 de agosto e iniciar o treking o dia 2 como estaba establecido no programa da expedicion.
Eso era o previsto e o que "todos" esperaban que fixera, marchar.
Levanteime sen presa, pensando que facer. Boyan Petrov (dous oitomiles), o bulgaro mais forte dos que fixeran cumio no G1 dias antes, estaba subindo cara o C2 do G2, saira sobre as 6 da manha e tinha intencion de chegar ao C3 e durmir na tenda de Luis, antes de intentar cumio. Impresionante, comentamos.
Eu tinha unha carta na manga. Acordara co responsable da axencia no CB que de ser necesario iniciaria o treking o dia 4 en vez do dia 2, a condicion era que avisara con suficiente antelacion. Polos porteadores de Carlos e Marta que baixaban, mandei unha breve nota ao noso CB: inicio treking o dia 4.
Anunciei aos meus companheiros que ia intentar o G2. Subirei ata o C2 e se as forzas acompanhan seguirei ata o C3. O telefono non funcionou, polo que non poiden comunicar os meus plans a Galicia (non hai mal que por ben non venha: asi non se preocupan).
Comenzei preparar a mochila con calma. Tinha que subir de todo menos a tenda, a minha intencion era compartir a de Luis con Boyan.
Chegou a coreana (e o seu sequito) ao C1 coa intencion de acadar o G1 (seria o seu 13 oitomil). Chegara ao CB en helicoptero dende o Nanga Parbat (seu 12° oitomil), na carreira por ser a primeira muller en ter "os 14" esta moito en xogo e non se escatiman recursos. Trouxo malas novas metereoloxicas para os meus intereses: hoxe e manha dan neve.
A minha moral resentiuse e os preparativos, sen sair da tenda, inda os tomei con mais calma. Os companheiros empezaban a bromear coa minha tardanza e sobre as 12 da manha Carlos dixo ironicamente: "Sechu, ya puedes salir, esta nevando". E asi, baixo unha nova nevada, comezei a minha ascension as 12.30 horas, cara un oitomil que so' tinha unha ascension nesta tempada, a de Ueli Steck (sen contar a dos 5 iranies, que a celebraron pero reconheceron non acadar o cumio).
Pronto deixou de nevar. Sobre as 5 e media da tarde cheguei ao C2 baixo (6.430 m), onde estaba a valeira tenda do turco. Utiliceina para descansar un pouco mentres facia a cea. Chamei por walki e falei con Marta para darlles a minha situacion e decirlle, para a sua sorpresa (outra mais), que estou ben e seguirei ata o C3. Estando no C2 chegaron uns iranies con permiso do turko para durmir na sua tenda; "No problem", eu marcho. Eles tinhan tenda no C3 e deronme permiso para empregala esa noite. As 20.10 h continuei cara o C3. A neve endurecia e progresabase mellor, inda que non estaba transformada e non me daba boas sensacions. Cheguei ao C3 (6.960 m) a' 1.30 h da madrugada. Boyan xa estabase preparando para sair, dixome que o faria nunha hora. Para non molestar fun durmir a tenda dos iranies. Eu necesitaba unha xornada de descanso, o corpo non daba para mais.

Sabado, 1 de agosto. Pasei o dia dormitando (xa na tenda de Luis), comendo e bebendo. Sobre as 4 da tarde chegaron os 2 iranies e ocuparon a sua tenda, pasadas as 5 da tarde chegou Boyan do cumio, falamos un pouco, dixome que a neve estaba regular e que o vento aparecia e desaparecia intermitentemente. Recolleu as suas cousas e sobre as 7 marchou para o C2.
Eu tinha claro que desta vez tinha que sair moi cedo, queria ter suficiente marxe.

Domingo, 2 de agosto. Iniciei a ascension as 00.00 horas (12 da noite). A neve estaba mal, seguia a pegada de Boyan pero enterrabame tremendamente nela, as condicions non eran boas. Avanzaba penosamente, as veces tinha que gatear sobre a pendente para enterrarme menos, a neve se desfacia e nalguns tramos era moi dificil avanzar. Pero estaba decidido a seguir subindo, a pesares de todo. Os iranies tamen sairon, calculo que duas horas despois pola distancia das luces, pero pronto deixei de velas, crein que dado o estado da neve deran volta.
Pasei polo emplazamento do C4, onde habia varias tendas destrozadas (doutros anos), seguin pola interminable travesia, cheguei ao collado e seguin subindo, parecia que quedaba pouco, pero non daba chegado a' arista cimera, pero cheguei! Estou a 8.012 metros. Asomeime ao outro lado... Carallo! Normalmente a aresta e' redondeada e cruzase andando sobre ela, pero este ano houbo moito vento e formouse cornisa polo lado paquistani, enton hai que pasar polo lado chines... Unha travesia de 50-100 metros sobre as puntas dos crampons e os dous piolets, cun precipicio de "miles" de metros baixo os pes, e a oitomil metros... Carallo! Xa pronosticara Ueli Steck que este ano moi poucas persoas chegarian ao cumio polas caracteristicas da aresta.
Ben, ali estaba este modesto galego de Montanheiros Celtas. Senteime a cabalo sobre a aresta mirando ao cumio. Por si fora pouca a emocion, facia vento, uns 50 km/h, casi na! Velei armas (piolet e baston-piolet)uns intantes, "o cumio e' o cumio" e vou por el. Clavei o piolet e descabalguei sobre o lado chines, xa estou colgado sobre o abismo. Todos os meus sentidos traballando como nunca, nunha soa direccion (o cumio) e cun unico obxectivo (non caer). As 14.00 h estaba no C U M I O, C U M I O !!!!!! A vista circular impresionante, ceo casi despexado, magoa do vento. Temperatura suave para estar a 8.035 metros: -21°C. Problemas coa camara de fotos, que pedia novas pilas... e as cambiei 3 veces, e seguia pedindo. Estiven 1h e 10 minutos, gocei como un neno... no meu primeiro oitomil!!!!!!!!
Tamen chorei, cando lembrei que Luis deixara a sua vida nesta montanha uns dias atras... e en lembranza da sua persoa, dedico este cumio a' "Memoria de Luis Maria Barbero".















Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

4 comentarios :

Agus dixo...

Primo, enhorabuena por tu primer ochomil. Y recuerda el dicho: "Porfiar si, apostar no"; y por lo que cuentas has estado muy cerca de la apuesta.
Un abrazo.
Agus.

Quique dixo...

Carallo rapaz, si foses o meu fillo ó chegar a casa daríache unhas zurras.
Pero como non o es só dareiche unha aperta. je je....

Saudiños.

Dormilon dixo...

Sechu, estas como una cabra. Enhorabuena!!!! A ver si mañana soy el primero en tirarte de la oreja en Madrid :P

P.

Xulio dixo...

Buf, lendo estas cousas póñome malo, pero malo malo!. En fin, menos mal que al final as cousas sairon ben, pero eu persoalmente vou tardar en recuperarme emocionalmente desta aventura túa.

Bicos e apertas. Xulio