Foto do CB o 16 de setembro.
Como comentei na breve anterior entrada ao blog, cheguei ao CB o día 14 de setembro, o fixen con Carlos Soria. Ademais de con Carlos (madrileño), comparto campamento con Juanito Oiarzabal (vasco), Carlos Pauner (aragonés), Javier Pérez (aragonés), Chavi Arias (catalán), Unai Llantada (vasco) e Stefano Febroni (italiano). A convivencia é moi boa.
Dende a saída de Madrid, Carlos e máis eu compartimos a viaxe cun excelente grupo de 15 montañeiros cos que participabamos nun treking solidario, iniciativa de Carlos Soria, para axudar á escola de Sama Goon, a onde chegamos o día 13 de setembro. Tras visitar a escola, chegamos á vila de Sama, instalamos o noso campamento e logo visitamos ao lama local, que nos permitiu visitar a súa “capela” particular e recibimos a súa bendición para a expedición, todo elo moi interesante. O día 14, tras o entrega dos materiais para a escola e os nenos, coa presenza dos agradecidos pais e mestres, iniciamos a ascensión ao CB.
O día 15 subiron os quince trekers para vivir a experiencia de pasar unha xornada no CB, marchando ao día seguinte (a foto corresponde coa despedida). Foron moitos días de excelente convivencia con estes alegres montañeiros, a quen se lles bota de menos.
O día 17, Stefano e máis eu, os únicos do noso grupo que non temos sherpas, subimos ao campo 1 (C1, 5.715 m) para instalar as nosas respectivas tendas e deixar algún material máis. Todo o día con mal tempo, nevando lixeiramente e con algo de vento, o que me dificultou a instalación da tenda de segunda man, pois non tivera ocasión de montala con anterioridade e non estaba nas mellores condicións. Á noite xa estabamos todos no CB, onde Juanito encárgase voluntariamente de facer as comidas e debo dicir que é un excelente cociñeiro.
Os días 18 e 19 seguimos todos no CB, pois as condicións meteorolóxicas son malas. A tarde do 19 sufro un deses pesadelos en alta montaña, unha forte diarrea que me deixou moi debilitado.
O día 20 chegan os primeiros raios solares, por fin, e con eles os preparativos dos meus compañeiros para subir aos campos de altura ao fin de continuar co necesario proceso de aclimatación. Eu teño que resignarme a esperar que as miñas tripas se recuperen.
O día 21 pola mañá soben ao C1: os sherpas, Carlos e Stefano, e pola tarde Juanito e Unai.
O día 22 soben pola mañá Pauner, Javier e Chavi. Os sete alpinistas teñen previsto durmir esa noite no C1 e ao día seguinte subir ao C2. Cando marchan estes últimos tres compañeiros, quedo só no CB, pero xa estou mellorando e teño previsto subir o día 23 ao C1. Pero... unha hora despois da súa marcha comeza a chover, e xa non parou.
O día 23 todos baixan ao CB contrariados polo mal tempo e empapados. Juanito decide marchar da montaña.
Hoxe, venres 24, segue a chover e nevar. Despois de comer, marcha Juanito, quen tras a desfavorable méteo destas xornadas e por contar con poucos días de expedición, decide regresar a España antes do previsto. Grazas a que Carlos recarga a batería do meu portátil coa súa instalación solar particular, moitísimo mellor que a miña, podo escribir esta crónica.
Mañá temos pensado retomar as ascensións aos campos de altura, pois a previsión da méteo é con tendencia a mellorar, inda que somos moi escépticos. No meu caso pretendo ascender ao C1 pola mañá e ao día seguinte intentar chegar ao C2. A decisión de subir tomarémola ao amencer.
Quédame agradecer publicamente todas as mensaxes que estou a recibir no meu teléfono satélite, de ánimo, de apoio, de agarimo, así como os comentarios no blog. Publico a continuación o meu número e a forma de enviar sms de balde. Dicir unha vez máis que non poñades acentos, eñes, símbolos, emoticóns, etc, pois as mensaxes se fan inintelixibles, tampouco apuredes os 160 caracteres pois moitas mensaxes chegan incompletas.
O meu teléfono satélite particular ten o seguinte número: +8821650200174. Podedes enviar sms a través de internet (por ser de balde, sen custo ningún), entrando no seguinte enlace: https://sms.thuraya.com/ e facer o seguinte:
1º.- poñer o meu número, para o cal só hai que engadir as últimas oito cifras: 50200174
2º.- poñer o voso nome (para eu saber quen envía a mensaxe)
3º.- escribir o vosa mensaxe (mellor non poñer máis de 120 caracteres)
4º.- enviar (pinchar en "send sms")
Agora son as 21.30 horas, está nevando moito e todos xa están durmindo.Cando volva ter batería intentarei seguir escribindo.
Unha aperta.

1 comentario :
Hola Sechu, nosotros acabamos de llegar a casa, se acabo lo bueno. Nos ha llovido todos los días y no hemos podido ver el Manaslu, pero ha merecido la pena. Os hemos echado de menos y os hemos estado siguiendo y esperamos que todos llegueis a la cumbre, bajeis y nos lo conteis. Mucho animo y mucha suerte. Cuidate esas tripas y cuando salga el sol carga las baterias, je, je. Un fuerte abrazo y un besazo.
Alex y Eva
Publicar un comentario