02/10/10

Novas de cumio

Foto de hoxe no CB: Sechu con Pauner (esquerda da imaxe) e con Soria (dereita).

Onte, 1 de outubro, acadaron o cumio do Manaslu, os españois Carlos Soria e Carlos Pauner, membros do noso grupo, motivo polo que estamos moi contentos. Todos os que intentaron cumio partiron do C4, e os primeiros en chegar ata arriba foron “a tren” os 17 membros dunha potente expedición comercial (7 clientes, 7 sherpas e 3 guías), todos eles con oxíxeno artificial, sobre as 10.30 h. Dúas horas e algo despois chegaron os dous españois cos seus dos sherpas, e logo foron chegando algúns alpinistas máis sen confirmar: 2 chinos, 1 xaponés co seu guía, 1 italiano co seu sherpa, unha parella de mexicanos... O día anterior tamén partiu do C4 un grupo dunhas 18 persoas, pero ninguén chegou ao punto máis alto, inda que unhas 7 case o conseguen, chegando o leonés Miguel Ángel Pérez a ser o que máis se aproximou quedando a escasos metros do cumio.

1 comentario :

Roberto López dixo...

Seguro que logo estarás ti tamén por alá arriba.
Saúdos