03/10/10
Plans de cumio: apuntamos ao día 6.
Foto desta mesma mañá, de esquerda a dereita: Stefano, Sechu, Unai e Chavi.
Hoxe comeza a miña tentativa de cumio. En función da meteoroloxía anunciada, temos previsto acadar o cumio o mércores 6 os seguintes membros do noso grupo: Chavi, Unai, Stefano e máis eu, ademais do sherpa dos dous primeiros. Partiremos esta tarde, dentro dun rato pois xa xantamos, coa intención de durmir no C1. Ao día seguinte subiremos directamente ata o C3 para pasar a segunda noite. Na seguinte xornada temos o tramo máis duro e difícil, para chegar ao C4 (a uns 7.400 m), onde pasaremos a terceira noite, confiando en que a nosa aclimatación sexa boa. O día 6, madrugaremos para superar os case 800 metros de desnivel que nos separan do cumio. Neste día de cumio o terreo non é moi complicado, pero é doado desorientarse se as condicións non son boas. A parte máis difícil son os metros finais, pero esperamos poder superar todas as dificultades e chegar ao punto máis alto, o cumio.
A dificultade engadida é que non sabemos doutros montañeiros que intenten cume ese día, polo que é posíbel que esteamos sós. A maioría das expedicións intentaron cumio os días 30 e 1, algunhas conseguiron poñer a membros dos seus grupos no cumio e outras non, pero se están a retirar case todas, e o CB vai quedando deserto.
A seguinte comunicación será cando baixe, espero ter boas novas que contar, pero en calquera caso, o importante é ter a oportunidade de estar aquí, compartir vivencias con outros montañeiros, gozando desta montaña e do seu contorno.
Un abrazo a todos.
Etiquetas:
Fotos con Sechu
,
Manaslu 2010
Subscribirse a:
Publicar comentarios
(
Atom
)
11 comentarios :
Animo y suerte, chavalotes, que subimos con vosotros.
Un saludo Sechu, la 36 promocion de Villagarcia esta contigo deseandote suerte y dandote muchos animos
Animo y mucha suerte, que ya ha llegado tu momento. Te esperamos a que bajes para que nos lo cuentes.
Ben, aquí tamén estamos todos desexando que chegues arriba para que te veñas pronto de volta!. Unha aperta!
Dende vigo seguimos atentos a tua viaxe e empurrando coas ganas e o desexo de que todo saia ben, e que volvas con ese triunfo tan merecido. Se miras o Yeti dalle un saudo...pa ti, cafe fortaleza, chocolate valor e moita sorte...unha aperta.
Dalle canha!!! Dende KAthmandu estamos un de Vigo e un andaluz.
Sorte Sechu. Por certo chegaremos ao base o 16 ou 17.
Un abrazom, Abel.
Mucho ánimo Sechu. Un abrazo.
Ala parriba!! pero sobre todo pabaixo!!
Forza e sorte, estamos a espera das próximas novas ... e dunhas cervexas cando voltes.
Tendo xa as novas do intento de cumio, só queda desexar-te que te repoñas pronto desas conselacións e que non esquezas que "todo está no camiño, o fin e só un punto no infinito".
FELICIDADES SECHU
Hola Sechu!! Helga me ha puesto al corriente de tu "percance". Deseo que te recuperes lo más rápido posible y que cuando vuelvas, hagas una visita a las chicas de S. Martin de Coia. Estaré encantada de que me tomes el pelo como siempre.
Un abrazo enorme!! Te esperamos!!
Hola Sechu, que pindongo, no sabías como irte a las fiestas del Pilar "de Gratis" y coges y dices... ¡ale, pues vendamos un par de dedos y pa'Zaragoza directo!
Fuera de bromas, te deseo una pronta recuperación y muchas actividades invernales para este invierno que está a punto de llegar y a ver si coincidimos en el campo base de otra gran montaña ;)
Mucha suerte
Publicar un comentario