04/11/10

Próximas proxeccións de montaña. Novembro 2010.



Os que non puidestes ver a miña proxección da expedición “Karakórum 2009” en Vigo o 23 de abril, tedes agora dúas novas oportunidades de facelo:



1ª.- Venres 5 de novembro, en Pontevedra.
2ª.- Mércores 24 de novembro, en A Coruña.

No mes de novembro, como é tradicional, celebraranse varios ciclos de conferencias/proxeccións en Galicia sobre diversos temas relacionados coa montaña, eu estou invitado a participar en dous deles, nas seguintes datas:

Venres 5 ás 20.30 horas, no Teatro Principal (Pontevedra, rúa Paio Gómez Charino, s/n.), co título “Expedición verán 2009 no Karakórum”, dentro do ciclo “Charlas de Aventura na Montaña” organizado polo Club Montañeiros de Pontevedra.



Foto: Teatro Principal de Pontevedra, emprazado no centro histórico da cidade.





Mércores 24, ás 20.00 horas, no ITE Caixa Galicia (A Coruña, Ronda de Nelle, 31), co título "Gasherbrum: as montañas luminosas. Un galego a oitomil metros" dentro do ciclo “VII Semana da montaña” organizado pola Sociedade de Montaña Ártabros.


Ningún comentario :