03/03/12

Rolda de prensa

O pasado martes, 28 de febreiro, realicei en Vigo unha rolda de prensa na Casa do Deporte. Deste xeito anunciei oficialmente a miña expedición “Annapurna 2012”. Recibín publicamente o apoio da Federación e do meu Club e presentei o Proxecto da expedición.
Deron difusión os seguintes medios de comunicación:
Periódicos: Atlántico Diario, La Voz de Galicia, Faro de Vigo.
Radios: Cope, Radio Vigo (La Ser), Onda Cero.
Televisións: Televigo, Localia Vigo, V Televisión.
Grazas a todos.


De esquerda a dereita: Adolfo Puch, Presidente da Federación Galega de Montañismo; Sechu; Fernando Fernández Rei, en representación de Club Montañeiros Celtas

Ningún comentario :