01/04/12

Xa no Campo Base

Levo uns días sen actualizar o blog porque o meu ordenador estragouse. Parece que estarei sen él ata o final da expedición polo que terei que utilizar algún ordenador que me deixen e, mentres tanto, as actualizacións serán algo menos frecuentes do que me gostaría. Aparte deste contratempo, os bidóns chegaron sen problema, polo que o resto do material xa está comigo.

Xa levo varios días no Campo Base, a comida e moi boa e a relación coa xente excelente. Polo dagora pasei xa dous días no Campo 1 e subín ó Campo 2, aunque non fixen noite alí, baixando no mesmo día.

Parece que a predicción meteorolóxica é de nevadas para os próximos tres días, polo que non creo que poida volver acceder a ningún dos campos e adicareime a encher o bandullo, coller forzas e coñecer un pouco millor á xente coa que terei que facer vida durante estes dous meses.

Espero poder actualizar ó blog máis a miúdo.

Sechu, dende o Campo Base

Ningún comentario :