25/03/12

Kathmandu – Pokhara – Tatopani

A miña estancia en Kathmandu foi breve e gustaríame ter máis tempo para visitar algúns lugares míticos, quizás o consiga ao regreso. Esta mañá partimos parte do grupo nun pequeno avión a Pokhara, tiña unhas 30 prazas, na viaxe puidemos contemplar varias das grandes montañas do Himalaia. Eu senteime casualmente na ventá que é de emerxencia e ten un tirador onde pon claramente o seu uso restrinxido. Ben pois ocorréuseme gastarlle unha broma á azafata: cando pasaba preto de min chamei a súa atención, eu estaba coa miña cámara réflex facendo fotos pola ventá e, con xesto de satisfacción pola paisaxe, sinalei coa cámara á ventá e ela sorriu asentindo coa cabeza dando a súa aprobación á foto, rapidamente agarrei o tirador de emerxencia e fixen un xesto que parecía ía a abrir a ventá... a rapaza quedou horrorizada, no seu rostro podíase ler “No Opennnnn”, ante as risas de todos os de arredor, ela tamén riu. O voo durou unha media hora.
En Pokhara estivemos o tempo que tardaron en traer as maletas dende o avión e logo subilas a un micro bus que levounos ata Beni, alí, despois de comer seguimos a viaxe en todoterreo por unha pista moi poeirenta ata Tatopani, en total unhas catro horas efectivas de penosa viaxe. Estamos aloxados nun Lodge e a cea estaba moi boa.
Estou a gusto no variado grupo, xa teño falado con todos, coa metade deles en inglés ou como di o canadense, falo en spaninglis. Por certo que este rapaz de Canada e un formidable alpinista, dos mellores do momento a nivel mundial, sospeiteino polo seu apelido e fun tirándolle da lingua, temos conectado ben.
Mañá a axencia pretende levarnos a todos dende Tatopani ao CB en helicóptero, inda que eu non quero, a maioría está encantada. Non sei o que vai pasar mañá, nin por onde andan os meus bidóns, hoxe seguían sen localizalos. Se podo ir ata o CB a pé, tardarei 3 ou 4 días nos que non me conectarei ao blog.
Sechu, dende Tatopani.
 
 
FOTO: No pequeno aeroporto de Pokhara, todo faise a man.

2 comentarios :

Abel Alonso dixo...

Hola.
Teniais que ir vosotros a tirar del carrito de los petates....lo digo por ir entrenando un poco y estirar las piernas jejeje. Ánimo!!

Abel Alonso dixo...

suerte con los petates!!!