27/09/12

Cambios nas conferencias do 28 de setembro

O  venres 28 de setembro, remata o ciclo de conferencias que organiza Club Montañeiros Celtas, anunciadas na miña anterior entrada neste blog.

Aproveito a ocasión para aclarar que a miña conferencia non é unha proxección sobre a recente expedición ao Annapurna, senón o “camiño” que me levou ao Himalaia para intentar grandes cumios, senda na que Club Montañeiros Celtas ten moito que ver.

Anuncio agora uns cambios nesa xornada, motivados por outro compromiso de Chus Lago,  que imposibilitaba que a súa charla comezara no horario previsto. Polo que decidimos retrasar o inicio e intercambiar a orde das nosas conferencias.
Data: venres 28 de setembro 2012

Novo horario:

20.30 horas. Clausura do ciclo de conferencias e presentación dos conferenciantes:

-  Sechu López “Co Himalaia no horizonte”

-  Chus Lago “Xeo, por todas partes, xeo”

 Lugar:

Auditorio do Concello de Vigo (praza do Rei, Vigo)

Ningún comentario :