Os actos, todos no mes de setembro, inícianse mañá xoves 13 coa inauguración da Exposición “Club Montañeiros Celtas: 70 anos de montañismo” na Casa Galega da Cultura, ás 19.00 horas, que poderá visitarse ata o día 30. A continuación (19.45 horas) celebrarase a conferencia “Os inicios do montañismo e os comezos do Club. Historia”, a cargo de Antonio Veiga, o socio máis veterano e un dos máis coñecidos e de traxectoria máis relevante. Con esta xornada iniciase un ciclo de 11 interesantísimas conferencias a cargo de distintos socios do Club que falarán das diversas actividades e etapas do Club. Programa:
-
Conferencias
na Casa Galega da Cultura
(Vigo.- Praza da Princesa, 2) de 19.45 a 21 horas:
-
Xoves,
13:
Antonio Veiga: “Os inicios do
montañismo e os comezos do Club. Historia”.
-
Venres,
14:
Carolina Rodríguez e Daniel Ballesteros: “A espeleoloxía e Club Montañeiros Celtas”.
-
Mércores,
19:
Andrés Fraga e Juan Veiras (Coru): “6M
pasos”.
-
Xoves,
20:
Antonio Fernández (Cholo): “Cumes e
glaciares (prehistoria do alpinismo en Galicia)”
-
Venres,
21:
-Marcos Rodríguez e Fernando Fernández: “O esquí na montaña”
-Antonio Suárez e Iago Rodríguez: “A
escalada e Club Montañeiros Celtas”
-
Mércores,
26:
-Pedro Rodríguez e Carlos Arca: “Bici
de montaña: Outra forma de disfrutar
da natureza”
-Antonio Álvarez e Cristina López: “Operación
Benxamín”
- Xoves,
27:
Eutimio Rodríguez e Miguel Boquete: “Mergullo: a exploración do fondo do mar”
-
Conferencias
e clausura no Auditorio Municipal
(Concello de Vigo, Praza do Rei) ás 19.45 horas:
- Venres, 28:
Chus Lago: “Xeo, por todas partes,
xeo”
Sechu
López: “Co Himalaia no horizonte”
Ningún comentario :
Publicar un comentario