24/02/13

Esquí de montaña, en León

Despois de 6 años sen calzar os esquís, decidinme a retomar esta fermosa actividade. Xunto a dous compañeiros de Club Montañeiros Celtas: Marcos Rodríguez e Ignacio López-Guerra, ascendín ao Nevadín (2.077 m), partindo da aldea leonesa de Salientes (1.200 m) dende a que saímos xa cos esquís postos.

A actividade a realizamos o sábado 9 de febreiro e levounos unhas 5-6 horas. O día estaba radiante e a neve en bo estado. Ao inicio, con pendente máis suave, quedaba atrasado pois os meus compañeiros son bos esquiadores e eu estou pouco práctico. Cando superamos a Braña Vendimia (1.700 m), a pendente aumentou considerablemente e nese terreo atopeime máis cómodo e pasei diante ata chegar á cordal cimeira. Neste tramo fun tan directo que a forte pendente obrigoume a subir cos cantos dos esquís e usar o piolet cando atopei a neve xeada.

Xa no cumio fixemos unha parada e preparámonos para o descenso. Aí comezaban os meus problemas pala falta de práctica, xa que encaraba un incerto descenso por neve virxe e cunha pendente considerable. Os meus compañeiros estiveron pendentes da miña evolución e, tras unha ducia de variadas caídas amenizadas polos seus consellos e risas, conseguín chegar ao final da pendente, enteiro! e con moitas gañas de repetir xornadas de esquí.

Fotos: ©Marcos Rodríguez





Ningún comentario :