28/02/13

Fun un "Libro Vivo"

A pasada semana fun un “Libro Vivo”. Participei nunha actividade do Concello de Vigo (Concellería de Normalización Lingüística), no Museu Verbum, en prol da nosa benquerida lingua galega. Baixo o título de “Biblioteca Vivente” e desenvolvida, con inxenio e gran acerto, por Xandobela (Xestión e Dinamización Sociocultural). Esta actividade estaba dirixida a rapaces (12-18 anos) de diversos institutos de Vigo e contou coa participación de 12 libros vivos.

Nas mañás do martes ao venres da semana pasada (19 a 22 de febreiro), doce persoas de diversos ámbitos, con experiencias vitais, amantes da nosa lingua e con moito que contar, transmitimos as nosas experiencias á vez que fixemos participes delas aos rapaces que nos elexiron (tiñan que escoller 3 libros para “ler” dun “Catálogo” de 12). Creo que entre todos fomos quen de facer medrar un poco máis esta fermosa língua nosa, no corazón destas mozas e mozos... e facelos sentir inda máis orgullosos da terra na que viven.

A experiencia foi enriquecedora, para min e coido que para os rapaces tamén. Ao remate das “lecturas” os “lectores” deixaban comentarios nun panel. Aquí poño o que corresponde ao meu libro vivo: “Aventura extrema: Galicia nos cumios do mundo”, na que falei da miña vida vinculada ao deporte inentirrumpidamente dende os 8 anos ata a actualidade, facendo fincapé nas miñas expedicións a montañas de oitomil metros, como a realización dun soño, ilusionando co que a un ilusiona. Punto de partida: Galicia.

O xornal Atlántico Diario fíxose eco da noticia, no artigo podedes ver os participantes nestas xornadas.
   

Algúns dos que pasaron polo meu libro:


 
Pódese ver tamén un pequeno álbum destas xornadas.

Ningún comentario :