Un deses
galardóns foime concedido pola realización da actividade galega máis destacada
do 2012, o ascenso ao Annapurna.
Adolfo Puch, Presidente da FGM,
tras unhas emotivas palabras fixo a entrega do galardón.
Foto: Xosé Antón Vázquez
Agradezo á FGM este
recoñecemento así como o seu apoio na expedición ao Annapurna, que ademais de
institucional, tamén o foi económico cunha cantidade modesta, pero
significativa. En definitiva, a función básica da federación é a de apoiar os
deportes de montaña e aos deportistas que os practican, e considero que está cumprindo
na medida das súas posibilidades, tendo en conta que corren tempos difíciles tanto
económicos como no compromiso dos colaboradores.
A FGM traballa
polo desenvolvemento de distintas modalidades deportivas que se realizan na
montaña: sendeirismo, escalada, alpinismo, excursións, carreiras por montaña, descenso
de barrancos, esquí de montaña. Eu practico todas elas, inda que non coa mesma
intensidade, cuestión de gustos ou prioridades.
Unha das vantaxes
de estar federado é o acceso a cursos para a mellora técnica dos deportistas.
Cursos nos que eu teño aprendido dalgúns dos mellores alpinistas de Galicia, instrutores
da EGAM. Recomendable.
Sechu.
Ningún comentario :
Publicar un comentario