Hoxe convoquei aos medios de comunicación na Casa do Deporte en Vigo, para a presentación oficial da Expedición "Shisha Pangma 2013" que iniciarei o 2 de setembro. A difusión é un dos aspectos máis importantes para implicar no proxecto ao maior número de seguidores, persoas afíns ás actividades de montaña e público en xeral, que queiran coñecer os detalles da expedición.
Acompañáronme
no acto: Manel Fernández (Concelleiro de Deportes do Concello de Vigo), Adolfo
Puch (Presidente da Federación Galega de Montañismo), Lourdes Castiñeira (Presidenta
de Club Montañeiros Celtas) e Juan Mosquera (propietario de Peixes Vimar, empresa
patrocinadora da expedición). Ademais dos anteriores, mencionar tamén como
colaboradores a: Xunta de Galicia - Fundación Deporte Galego, Terra deporte
aventura, Ximnasio Saúde e Deporte, e Meteogalicia, así como a axuda de amigos
e compañeiros que me fan máis levadeiros os innumerables preparativos para a
expedición. Grazas a todos.
Como
nas expedicións anteriores, este Blog será a plataforma básica de información aos
medios de comunicación e ao público en xeral, para coñecer os avances e
acontecementos da expedición. En breve volverá a contar coa posibilidade de
enviar mensaxes gratuítos ao meu teléfono satélite.
Como
complemento ao blog, tamén pódese seguir a expedición na páxina Facebook “Sechu López”.
Neste
blog, na barra lateral esquerda, pódese acceder e descargar o proxecto, picando
no LOGO da expedición.
Unha
aperta,
Sechu.
Picando aquí podes descargar o cartel con máis calidade e imprimilo
Ningún comentario :
Publicar un comentario