O sábado fomos once esquiadores os que
fixemos un percorrido circular dende Torrestío, percorrendo Peña los Curros,
Farrapona, Collarín e Peña Redonda; subidas e baixadas coa neve en moi boas
condicións excepto na baixada final polo efecto da calor do día, cun sol
espectacular durante toda a fin de semana.
O domingo, nove esquiadores subimos dende La
Cueta ata a Peña Chana de Somiedo (2.070 m), e gozamos dun fermoso e continuado
descenso.
Patri con raquetas e Ceibe, tamén nos acompañaron en parte dos ascensos.
Ningún comentario :
Publicar un comentario