O sábado 28 de febreiro estiven en Valsaín (Segovia), participando, por terceiro ano
consecutivo, na Xornada de Formación Continua de
árbitros de carreiras por montaña da FEDME, dirixida por Goio Larrañaga,
o noso "xefe", na que se trataron varios temas de actualidade das
carreiras:
- Os cambios realizados no Regulamento para este ano e propostas dos árbitros.
- Incidencia ambiental das carreiras por montaña no medio natural.
- Responsabilidade dos árbitros. Cunha interesante charla do apreciado
Alejandro López, avogado especialista en dereito deportivo e instrutor
de escalada en roca da Escola Galega de Alta Montaña.
- Situación
actual das carreiras por montaña en España e calendarios oficiais.
Mencionar que se están a celebrar en España unhas 700 !!! carreiras en
montaña e xa hai 53 circuítos. Delas, este ano 17 son competicións
oficiais da FEDME repartidas en Campionatos e Copas de España (carreiras
en liña, verticais e ultras).
Ningún comentario :
Publicar un comentario