Na semana santa, fun con Patri e Ceibe á Cordilleira Cantábrica. Fixen 6 actividades deportivas
diferentes, compatibilizando facer o que me gusta, coa
viaxe en parella... E xa mo di Patri: “Sechu, é que non es capaz
de estar un só día sen facer nada!”
Esquí.- O domingo 29 de marzo pola noite chegamos ao Albergue La Mina (Puebla
de Lillo, León). O día seguinte paseino esquiando en San Isidro. O día
estivo bastante cuberto e con vento.
|
Riaño |
|
Cigoña |
Travesía con Raquetas.-
Tras a segunda noite no albergue fomos á cara sur dos Picos de
Europa, entrando dende Riaño. Deixamos o coche en Soto de Sajambre,
para internarnos nos seus fermosos bosques ata o refuxio de Vegabaño,
onde chegamos coas raquetas de neve para pasar a noite. Ao día
seguinte fomos cara arriba coas raquetas, nunha xornada de montaña
moi luminosa.
|
Ceibe co can do refuxio de Vegabaño, vistos dende a porta. |
|
En Vegabaño |
|
impoñente exemplar de carballo |
Alpinismo.- O
mércores, no serán, marchamos ao cámping “El Cares” en Santa
Marina de Valdeón, pois o día seguinte subiría moi cedo ao
“Friero” (2.445 m). Así, o xoves iniciei a ascensión ás 5.55
h, chegando ao cumio ás 11 da mañá, despois de ter que cruzar un
río descalzo e dar unhas voltas de máis pola parte baixa da montaña
na escuridade da noite ata atopar a ruta axeitada; e xa na parte
final da ascensión polo corredor da cara norte, traccioando cos
piolets e sobre as puntas frontais dos crampóns, para chegar ao
cumio o primeiro do día, seguido por varias cordadas. Xa abaixo,
recollemos todo e fomos visitar á oitomilista asturiana Rosa
Fernández (con quen coincidín no Annapurna) que estaba pola zona.
|
no cumio do Friero (2.445 m) |
|
alpinistas chegando ao cumio do Friero |
|
alpinista no corredor de acceso ao cumio do Friero, cara Norte. |
Espeleoloxía.-
Deixamos Picos de Europa e imos destino a Ramales de la Victoria
(Cantabria), ata o cámping, onde estaban varios compañeiros
espeleólogos de Club Montañeiros Celtas.
O venres fun co grupo
espeleolóxico ao Sistema do Mortillano (o maior de España, con 135
km), para realizar a travesía Calaca-Crucero (que son dúas das súas
20 bocas).
|
Boca "Calaca" do Sistema do Mortillano (Ramales de la Victoria, Cantabria) |
|
Co casco torcido, unha típica imaxe miña |
Ferratas.- O sábado pola mañá fomos a realizar un par de
vías ferrata da zona, a primeira “El Cáliz” en Ramales e a
segunda “El Risco” en Matienzo. Era a primeira vez que Patri
realizaba esta actividade. Xa pola tarde marchamos a Galicia, pero
pola costa norte, facendo noite en Miño (A Coruña).
|
Patri na ferrata "El Cáliz" |
|
Na ponte do final da ferrata "El Risco" |
Carreira por montaña.- Na mañá do domingo, 5 de abril,
inda fomos a correr polo Parque Natural das Fragas do Eume, antes de
marchar para Vigo.
Rematei así unha semana na que fixen 6 actividades deportivas
diferentes, compatibilizando diversas actividades que me gustan, coa
viaxe en parella... E xa mo di Patri: “Sechu, é que non es capaz
de estar un só día sen facer nada!”
|
Parque Natural das Fragas do Eume (A Coruña), despois de correr. |
|
|
|
|
|
|
|
|
Ningún comentario :
Publicar un comentario