Onte tiven probas e
consulta de oftalmoloxía, cumpría 8 meses dende o meu accidente,
que quizais non pareza moito tempo, pero son 245 días fora de xogo.
E o que me queda...
O venres 26 irei a
quirófano, a oftalmóloga (Dra. Inés Pérez) xa programou a miña
intervención e probablemente non será a última, pero conta que a
melloría na miña visión vai ser considerable.
As placas de titanio
na miña cara as tolero bastante ben (a ver se vos gusta a imaxe do
TAC, estou feito un “mecano”), as dores de cabeza foron
diminuíndo, e outras “avarías” tamén melloran.
Estou moi animado xa
que isto vai por bo camiño, inda que sexa longo.
Nesta secuencia de
imaxes explico un pouco o titanio que teño baixo a pel da miña
cara:
Ningún comentario :
Publicar un comentario