Mañá 26 de
febreiro, ás 20.30 h falaremos de Nepal en Club Montañeiros Celtas:
- Charla
“Descubrindo Nepal con outros ollos” de Milagros Iglesias,
Alejandro Abuín, Federico Rodríguez e Mª Luz Carnero para contar
unha vez máis como foi a súa viaxe a Nepal no pasado mes de
novembro, presentando unha proxección na que invitarán a viaxar a
Nepal, xa que a pesares da destrución causada polos terremotos de
abril, a maioría do seu atractivo segue inalterable e unha forma de
axudar ao país é visitándoo.
- Sechu López tamén
participará para informar do traballo realizado ata o momento polo
colectivo “Montañeiros Galegos polo Nepal” e das vindeiras
accións previstas.
O cartel ven dicir algo así: “Axuda á construción de Nepal visitando Nepal” e informando de que a maioría das infraestruturas de interese turístico non están danadas.
1 comentario :
When a huge amount of cash adjustments hands, scammers are expected to be all over trying to steal cash from gamers. Luckily, this casino is registered and it makes 바카라사이트 use of the latest methods to make sure reliable, reliable, and secure playing. Being a licensed platform means the operations of Red Dog Casino are continually monitored and regulated professionally.
Publicar un comentario