O
pasado domingo participei, como nos últimos anos, na Andaina
organizada pola Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro. Este ano recibín o
encargo de facer á reportaxe fotográfica desta actividade, e o
fixen con moito gusto; foi unha colaboración da que saíu esta
Galería
de fotos. Espero que sexa do voso agrado.
Esta serra, situada
moi preto de Vigo, ten unha gran importancia
pola súa riqueza como espazo natural, cultural e social, pero
carece de calquera tipo de protección, xa que nin sequera está na
Rede Natura 2000. Elixín unhas verbas do Manifesto de Fran Alonso
lido ao remate da Andaina:
“Aquí, lamentablemente, séntese
ben o que é o desleixo e a cobiza, berramos nós, e por esa razón
estamos hoxe pisando amorosamente este chan na Serra do Galiñeiro, o
noso órgano vital, ese lugar que nos permite seguir vivos. Facémolo
precisamente por iso, porque queremos seguir vivos, porque queremos
gozar e perpetuar os recursos naturais, ese ben íntimo e social que
é paisaxe, a dureza do seixo, a rúbrica dos petroglifos, a
liberdade dos cabalos salvaxes, a perpetuidade das mámoas, as cores
do breixo, o acougo dos muíños, a beleza indómita dos curros...
Precisamente por iso queremos, esiximos, que esta Serra sexa
declarada Parque Natural. Xa é tempo.”
Pódese ler completo este Manifesto, así
como poesías de Manolo Pipas e tamén o texto de agradecemento da
organización aos participantes aquí.
![]() |
Sechu e Manoel Aballe, con Ceibe, subidos a un penedo. |
Ningún comentario :
Publicar un comentario