“MOUNTAIN DREAMS”
é un precioso audiovisual que se pode ver en Vigo este venres, 18 de
marzo.
Tres razóns polas
que non te deberías perder a charla-proxección de Javier Camacho Gimeno:
1.- Javier é un
excelente fotógrafo especializado en paisaxes naturais, alpinista e
viaxeiro incansable, que conta cun centenar de premios e mencións en
concursos de fotografía, ademais de multitude de exposicións e
proxeccións.
2.- Este Audiovisual
trata de reflectir os “Soños de montaña" de todo alpinista,
cunha coidada selección de fotografías realizadas por Camacho no
transcurso de numerosas expedicións e ascensións a cumios de
distintos continentes, entre elas a 6 montañas de máis de 8.000 m,
así como outras de gran beleza.
3.- Javier Camacho
ven este día a Vigo dende Navarra para participar, de forma
altruísta, na campaña de Montañeiros Galegos polo Nepal e falará
das razóns polas que estaba no campo base do Everest o 25 de abril
de 2015 cando un gran terremoto asolou Nepal deixando o país
devastado.
Venres, 18 de marzo:
Vigo, Cine Salesianos, 20.30 h.
Non faltes!
Ningún comentario :
Publicar un comentario