Hai 14 meses do meu
accidente. Dende aquel 11 de xuño cambiou moito a miña vida. Xa non
volvín a traballar, nin viaxei, nin... As secuelas do accidente
deixaron cambios no meu físico, sendo o principal unha visión
deficiente, do resto xa non comento. Tras 12 meses de baixa laboral,
a Seguridade Social fixo unha avaliación do meu caso e tras os
trámites pertinente resolveu declarar unha Incapacidade Permanente
Total, polo que agora son Pensionista. Como consecuencia, e para
reducir gastos, decidín mudar de residencia, deixando o apartamento
de aluguer en Vigo para vivir en Miño (A Coruña), onde naceu o meu
pai e teño unha vivenda de herdanza familiar, cun pequeno xardín.
Fixen a mudanza o pasado 30 de xullo e actualmente inda estou
acomodándome na nova casa.
Nas pasadas semanas
estiven moi atarefado: papelorio diverso, citas médicas, avogados,
empaquetado de aveños, acondicionamento da casa en Miño, e algunhas
despedidas, sen tempo para máis... Agora xa comezo a asentarme e
asumir a miña nova situación.
Minguou o accidente
as miñas capacidades físicas, pero non a miña actitude positiva
nin o meu bo humor. Non vou lamentar o que xa non poderei facer,
senón alegrarme das novas posibilidades, diferentes retos, outras
viaxes, soños...
Merquei un kaiak de
mar. Antonte boteino ao auga, fixen un paseo de 1h40´. É precioso,
o kaiak, o mar, e a sensación de liberdade. Onte mesmo xa fixen unha
actividade máis forte, de Miño a Betanzos e regreso (18 km), en
3h05´ e gocei dabondo, sobre todo cando regresando a Miño o forte
vento do nordés fíxome loitar e lembrarme da alta montaña, case
choro da emoción.
Non vou renunciar a
seguir sentindo o vento salvaxe na miña faciana, durmir ao raso
contemplando as estrelas, escoitar o silencio da natureza ou o canto
dos paxaros, contemplar os peixes ceibes no seu mar, coñecer xente
diferente e interesarme por outras culturas, e seguir, seguir a
buscar os límites físicos e mentais facendo... que? Non importa,
con ilusión e gañas seguirei tan vivo coma sempre.
Hoxe “baixo” a
Vigo, á cidade a quen lle estou tan agradecido e que me adoptou
durante os últimos 24 anos (dende marzo 1992), onde naceu a miña
nai e os meus fillos. E hoxe mesmo “subo” para Miño, xa con
Patri e Ceibe, compañeiras nesta nova etapa.
Grazas a todos os
que me acompañaron nestes meses difíciles, aos que se interesaron
por min e aos que non deixaron de apoiarme e animarme. Unha forte
aperta.
1 comentario :
Hola Sechu,
Me llamo Eliseo y vivo en Santa Cruz. Coincidimos contigo mi mujer y yo en el curso del AGKM de esta primavera 2017 en Redes.
Hoy he leido esta entrada tuya y estoy seguro que con el kayak de mar te vas a reencontrar con la montaña de alguna manera. Yo practiqué la montaña muchos años pero nivel Picos de Europa, después lo dejé y hace cuatro años, cuando me apunté al kayak de mar, encontré tantas similitudes al montañismo que a veces me emociona. Es como traerte las montañas a nuestra costa. Con lo que tu comentas todavía confirma mas mi apreciación. Te sigo en tu Costa Verdecente todos los días. El domingo nos acercamos hasta Miño por si te veiamos salir, pero entiendo que has aprovechado para descansar y retomar fuerzas en casa; cosa que me creo haces muy bien. ¡Adelante Sechu! Continuo siguiendote.
Un abrazo.
Publicar un comentario