Esta é
a miña última pequena aventura, que me levou 8 horas e quince
minutos. Aventuriña en kaiak de mar, prólogo doutras que están
roldando pola miña mente.
O punto
de partida ata o momento é sempre o Club Náutico de Miño, ao que
este ano asocieime, e onde fun moi ben recibido, gardo o meu kaiak e
danme facilidades para saír a navegar, o que é de agradecer.
O
pasado venres saín do peirao de Miño pola mañá, rumbo noroeste,
decidido a chegar ás molladas faldras da Torre de Hércules. Coa mar
en calma e sen apenas vento, saín da Ría de Betanzos para percorrer
a costa de Dexo-Serantes onde cruceime cun grupo de arroaces, que me
emocionou. A continuación percorrín a Ría de A Coruña, pasando
baixo a ponte que leva ao Castelo de Santa Cruz, e percorrendo toda a
fachada leste da cidade de A Coruña, o espigón que protexe os seus
portos e seguindo ata a Praia das Lapas, tras a Torre de Hércules,
onde desembarquei tras 5 horas sen descanso (salvo para facer
algunhas fotos), para estirar as pernas e tomar o bocata. Media hora
despois saía novamente ao mar para chegar a Miño o máis directo
posible, traxecto que me levou 2h 45´ ininterrompidas salvo porque
fun parado pola patrulleira da Guarda Civil (non por exceso de
velocidade, jeje), que estrañados de verme só e tan lonxe da costa,
achegáronse para comprobar se estaba ben equipado, saber a onde ía
e se era consciente de que posiblemente me collera a noite. Agradecín
o seu interese e animáronme a seguir sen máis demora. Cheguei canso
e coas últimas luces do crepúsculo, pero moi contento da actividade
realizada, que sumou un total de 50,6 km.
O vídeo é da ruta (track do GPS) sobre mapa (Google Earth) e
algunhas fotos.
Ningún comentario :
Publicar un comentario