Regresei de Trevinca
moi contento, acadara o cumio da miña primeira montaña de dousmil
metros!!! ( ...dende o accidente).
Foi unha breve viaxe
a terras de Trevinca, con Patri. Estupenda cea cos amigos Cholo e Marcos de O Trisquel, onde quedamos a durmir. Pola mañá, despois do almorzo,
iniciamos a ascensión ao cumio de Galicia, Pena Trevinca (2.127 m),
sen a confianza de estar eu en condicións de chegar... Pero
chegamos!
Nun fermoso día, gocei deste cumio como se fora a primeira
vez.
 |
Sechu no cumio de Pena Trevinca (2.127 m)
|
 |
na ruta de ascensión ao Sextil
|
 |
a fermosa mixtura de cores na matogueira do Sextil
|
 |
Patri nun descanso, antes do inicio da parte final da ascensión (cumio ao fondo)
|
 |
Tomando o bocata no cumio
|
 |
Descenso polo Lomo do Roncín, practicamente sen neve.
|
 |
parte final do regreso, pola pista das minas dos alemáns
|
Ningún comentario :
Publicar un comentario