Eu, que son de C. M. Celtas, penso que unha certa rivalidade entre clubs é positiva pois os obriga a mellorar constantemente, o que non debe ser impedimento á colaboración entre distintas entidades ou os seus membros, pois sempre é positiva para o ben común, sendo a paixón pola Montaña o que nos une a todos. Como exemplo recente, xurdiu o colectivo Montañeiros Galegos polo Nepal, que conseguiu canalizar unha importante axuda solidaria destinada ás vítimas dos terremotos de Nepal. Porque amamos as montañas, e á xente que lles dá vida.
O meu agradecemento aos membros de Club Peña Trevinca polo seu constante agarimo á miña persoa, que teñen demostrado en numerosas ocasións.
Lois Faro, Vicepresidente de Club Peña Trevinca, entregou o agasallo. |
Participando no xogo-concurso de baile. |
Ningún comentario :
Publicar un comentario