23/07/09

Adeus Luis!

O noso companheiro Luis desapareceu e, tristemente, damoslle por morto.
Despois de 3 dias de desolacion, impotencia e rabia, reuno forzas para escribir sobre o acontecido ultimamente.
O luns (dia 20) un numeroso grupo de iranies saiu do C3 cara o cumio do G2 (8.035 m), Luis en companhia dun polaco foi tras eles. Pola tarde a meteo non era boa, e o vento bastante forte. Parece ser que ian moi lentos e as 19.30 horas o polaco pediulle insistentemente a Luis que regresaran, estaban preto dos oitomil metros pero era moi tarde e o forte vento facia perigar as suas vidas. Luis, obsesionado con chegar ao cumio (o pasado ano xa o intentara e quedou 300 metros por baixo), non atendeu a razons e seguiu ascendendo... so'.
Mentres tanto, todos os demais membros do noso grupo xa estabamos de regreso no CB. Tras a cea, informannos de que 14 persoas fixeran cumio no G2, entre eles Luis. Quedamos estranhados de que nun dia de malas condicions metereoloxicas fixeran cumio tantas persoas, pero alegramonos moito por Luis.

Durante os dias anteriores cada un de nos foi intentando seguir os seus plans de cumio. No meu caso ata o C1 con Miguel (dia 16) onde uniusenos Sandrine para subir ata o C2 do G1 (dia 17). Unha hora antes que nos xa subiran Marta e Carlos cos seus porteadores. Os tres vascos, estando xa no C1 decidiron ir cara o G2, e David lesionado nun xeonllo decidiu regresar a casa. Luis non esperou uns dias no CB como lle recomendaramos, e subiu horas despois de facelo eu con Miguel.
O sabado (dia 18) acadamos o C3 do G1 nove persoas das presentes na reunion de dias antes: os 4 bulgaros, o aleman, o nepali, Sandrine, Miguel e mais eu. Ascendemos polo "corredor dos xaponeses", nas ultimas 3 horas metidos nunha xistra. Non foi doado montar as tendas. As previsions metereoloxicas para a fin de semana eran boas... pero non deixou de soprar e nevar durante toda a noite, a neve acumulouse ata a metade da porta. Antes de meternos nas tendas nos puseramos dacordo os 9 en despertar a 1 h e sair xuntos as 2 da madrugada (dia 19), para abrir pegada por turnos e ter mais posibilidades de cumio (8.068 m). Pero foi imposible. As 6 da manha seguia nevando con forza, empezamos a barallar a posibilidade de esperar un dia, pero estabamos a 7.070 m e cada vez sopraba mais forte. A montanha rechazounos, pasadas as 10 h todos decidimos baixar, e non foi doado a pesares das cordas fixas... unha das avalanchas que baixaban polo corredor enterrou a Sandrine, que foi rescatada por Miguel e o nepali quen estaban mais preto dela. Despois do forte susto e chegar ao C2, Sandrine, Miguel e mais eu baixamos ao C1 e quedamos ali.
O dia 20 os tres saimos as 9 da manha do C1 cara o CB, puidemos ver xente no G2 cara o cumio, o dia estaba bastante despexado pero intuiase o vento... a prevision metereoloxica era moi mala para os proximos dias, pero quizas hoxe aguante, pensamos.

O martes 21, no CB espezou a nevar. Na parte superior da montanha estaba moi cuberto e sabiamos que o glaciar estaba en malas condicions, polo que non estranhounos que non baixara ninguen ao CB. Pola tarde chegan novas contraditorias, parece ser que hai dous desaparecidos, un pode ser Luis. Intentamos confirmar a desconcertante mala nova e... si, Luis quedou moi arriba. Dinnos que o polaco esperouno no emplazamento do C4 (sen tendas) durante 4 horas e non o viu aparecer, pasou a noite no C3 e pola manha tampouco viu a Luis. O mal tempo fixo que todas as persoas inda na montanha baixaran ao C1. Luis desapareceu.
As horas pasan, os dias pasan, e segue nevando, hoxe e' xoves. Ninguen no C1 foi capaz de intentar chegar ao C2, a acumulacion de neve fresca fai moi perigosa a ruta ao G2, polo que non e' posibel a busca de Luis. Non hai nada que facer, o sentimento de impotencia invadenos, temos que asumir o fatal desenlace.

Curiosamente resultou que ninguen chegou ao cumio ese dia, inda que 5 iranies consideran que si, a pesares de reconhecer que quedaron a uns 50 m... e' a cara hipocrita do montanhismo, magoa.
Esta manha marcharon Sandrine e Miguel, por non dispor de mais dias. Quedamos seis.

A oitomil metros os erros paganse moi caros. Nestas fermosas montanhas (Gasherbrum = montanhas luminosas) cubertas dun manto branco espectacular, as veces pasan corvos, que co seu luto lembrannos que de cando en vez, un montanheiro perde eiqui a sua vida. E' o forte contraste do branco e o negro, a beleza e a tristeza, a vida e a morte.

Non sabemos, nin posiblemente saberemos nunca se Luis chegou ao cumio, pero todos queremos pensar que o conseguiu e tivo o seu momento de ansiada gloria.
Ningun de nos o conhecia moito, pero Luis era unha boa persoa, por eso esperamos que agora este moito mais arriba, no ceo.

Adeus companheiro!

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

12 comentarios :

Xulio dixo...

sintoo moito sechu, aqui estamos moi preocupados e agardamos terte pronto con nos, fagas cumio ou non eres o noso heroe e a maior das recompensas sera poder darche unha calida aperta no teu regreso

Agus dixo...

Llevamos días esperando noticias tuyas y las que nos envías no son buenas, pero nos consuela saber que estés bien. Estamos contigo. Un abrazo. Agus.

Roberto López dixo...

ánimo Sechu e recorda que as montañas seguen estando aí. Moita Sorte.

Unknown dixo...

muito ánimo,estabamos preocupados pola falla de noticia pero as que nos das non as mellores, a montaña é así.Moita sorte, ánimo e adiante.Bicos

Anónimo dixo...

hola Sechu:
sentimos a malas novas. ANIMO E QUE A SUBIDA O CEO A TODOS NOS QUEDE PARA MAIS ADIANTE, E MENTRAS A DISFRUTAR DO TERREO QUE PISAMOS CON SEGUIRDADE.ata prontiño e que o tempo te acomapañe.
Saudiños Musgueros

Jorge Barreiro dixo...

Tiñasnos a todos á expectativa, xa que eran moitos días sen noticias e a verdade e que xa preocupaba en demasía. Evidentemente, as novas que nos ofreces non son nada bóas, sintoo polo teu compañeiro.

Ánimo, e a esperar millores condicións meteorolóxicas, que a montaña é traidora, e eso sábelo ben tí.

Un saúdo e a ver se non nos volves a asustar con tantos días sen noticias.

Jorge Barreiro

Jorge Barreiro dixo...

Sechu tes dos fillos maravillosos pensa neles e non e non te expoñas mais do necesario, sinto a falta do teu compañeiro de escalada, desexo que vos millore o tempo e si non pra outra vez será. saudos Lalo.

Unknown dixo...

Cuidate mucho sechu,siento lo de vuestro compañero,saludos y besos.

J.S.Barbero dixo...

hola! somos la familia de luis. por favor, si pudiéseis comunicaros con nosotros en el 0034646967053 estaríamos muy agradecidos porque la información nos llega a cuentagotas y se hace muy duro así. De todas maneras, no desitáis por favor, porque creemos en luis y en su fuerza interior, y queremos mantener la esperanza.
gracias por todo. ánimo

J.S.Barbero dixo...

hola sechu! somos la familia de luis. por favor, si pudiéseis comunicaros con nosotros en el 0034646967053 estaríamos muy agradecidos porque la información nos llega a cuentagotas y se hace muy duro así. De todas maneras, no desitáis por favor, porque creemos en luis y en su fuerza interior, y queremos mantener la esperanza.
gracias por todo. ánimo

Quique dixo...

Animo Sechu. Espero que las condiciones meteorologicas cambien y consigas hacer cima. Pero lo que realmente espero es patear de nuevo contigo y que nos cuentes esas vivencias en persona.

Enrique e Isabel.

jakoboikot dixo...

animos a todo o grupo ,para ti unha aperta moi grande e que a preocupacion que temos se convirta en ledicia polos teus exitos,esperamos verte pronto.JAKO ROSINHA E OLI