29/07/12

Vídeo "Avalancha ANNAPURNA 2012"

Recordaredes, benqueridos seguidores do meu blog, que durante a expedición no Annapurna gravei un vídeo dunha avalancha. Esta avalancha produciuse cando estábamos na ruta ao C3, o 18 de abril, e alcanzou a catro compañeiros. Foi un espectáculo dramático, moi angustioso, que rematou nun susto sen consecuencias, pero nos escasos dous interminables minutos que perdemos de vista a eses compañeiros, pensamos no peor.

Sabía que era un bo vídeo, pois inda que a calidade técnica non fora moi boa (gravado a pulso cunha cámara de fotos), a escena era impresionante. Simplemente pensei que sería unha boa toma para formar parte dun audiovisual, no que enlazarei fotos, vídeos, música... nunha presentación do que foi a expedición e que terá lugar previsiblemente ao remate do verán. Pero algúns compañeiros da expedición me dixeron que era vendible... e xa sabedes que estás expedicións custan moitos cartos e que é moi difícil conseguilos, polo que ante unha posible fonte de ingresos, abrín os ollos. Ao regreso da expedición intentei vendelo, pero os tempos non son favorables para a economía das televisións, polo que ata agora non tiven éxito.

Dende o principio, varios dos compañeiros da expedición me piden (e insisten) o vídeo da avalancha para incluílo nos seus proxectos persoais e proxeccións da expedición, e a miña intención era facilitarllo despois de ser emitido na TV. Pero pasa o tempo e non vou esperar máis para que o teñan aqueles compañeiros que o necesiten (moitos deles son protagonistas no vídeo). Este vídeo, denominado "Avalancha ANNAPURNA 2012" o teño formalmente rexistrado e ten Dereitos de Autor (Copyright), dereitos reservados.

Voume dar o privilexio de ser o primeiro que o difunda, e deste xeito agasallar aos seguidores do meu blog. Será o primeiro vídeo que poño no blog, estamos de estreo! Aquí o tedes:


Vou explicar un pouco o que hai no vídeo, para elo emprego unha foto de Tunç Findik (Turquía), publicada en varios periódicos e internet:


No centro da imaxe dous círculos vermellos sinalan aos catro alpinistas que serán alcanzados pola avalancha. De arriba a abaixo: Lakpa Norbu Sherpa, Badía Bonilla (México), Mauricio López (México) e Ang Kami Sherpa.
Tamén hai alpinistas subindo á esquerda da imaxe, marcados noutros dous círculos vermellos. Por riba destes hai un regueiro de máis alpinistas que se ven no vídeo.
En primeiro plano Guntis Brands (Suíza) facendo unha foto, diante del está Sechu gravando o vídeo (aos dous corresponden as voces que se escoitan no vídeo).

2 comentarios :

Agus dixo...

Buff, mete miedo por la cabeza..

Marta G.Brea dixo...

Impresionante avalancha! Y más impresionante todavía que no hubiera que lamentar daños personales.

Sechu, aunque sigo tu blog desde hace mucho, no me había decidido a comentar. Aprovecho pues para felicitarte por ser el primer gallego que hace cumbre en el Annapurna, seguramente la montaña más peligrosa del mundo.

Enhorabuena de corazón!

Y un fuerte abrazo :)