Hoxe regreso a Vigo,
levo tres semanas en Miño (A Coruña), lugar de orixe do meu pai.
Foron días de descanso, recuperación e tranquilidade, pero nada de
estar ao sol, nin na praia ou facendo deporte, por prescrición
médica. E xa estou no meu peso habitual. Como teño que estar
maiormente en casa, comprei un escáner coa intención de dixitalizar
a miña colección de diapositivas, unha delas é a mostro nesta entrada.
Tamén en agosto,
pero trece anos atrás, estaba con tres amigos (Andrea, Marcos e Jose
Carlos) visitando o mítico e fotoxénico Machu Picchu, nos inicios
da nosa viaxe andina por Perú e Bolivia. Nestes trece anos teño
viaxado a moitos países montañosos, do primeiro e do terceiro
mundo, grandes contrastes, culturas e xentes diferentes, lugares de
aventura e aprendizaxe, todo moi interesante... sen embargo, cada ano
reservo uns días para estar en Miño, o meu “refuxio”, onde
sendo cativo gocei dabondo de cada verán. Que tempos aqueles...
Din que calquera
tempo pasado foi mellor, pero eu non estou de acordo, prefiro pensar
que o mellor sempre está por chegar, só temos que intentar que así
sexa.
Machu Picchu (Perú), agosto 2002 |
Ningún comentario :
Publicar un comentario