Os que me coñecedes
sabedes que para min Nepal é importante, polas súas xentes,
natureza, paisaxes, montañas... E dende que aconteceu o terremoto do
25 de abril, non deixei de difundir e colaborar na necesidade de
“Axuda ó Nepal”. Así, integrado no colectivo “Montañeiros Galegos polo Nepal” (MGxN), traballo intensamente en levar adiante
accións que permitan recadar cartos para SOS HIMALAYA, ademais de
intentar manter “de actualidade” as necesidades da poboación de
Nepal.
Estas son algunhas
das accións en marcha nas que podes participar, todas en favor de
Nepal:
- Compra gorros de
MGxN (10 euros/unidade; en azul ou vermello). Como o que eu levo
posto na cabeza (foto).
- Asiste á charla-proxección "Mountain Dreams" do fotógrafo e alpinista Javier Camacho Gimeno,
que estaba no Campo Base do Everest cando aconteceu o terremoto de
Nepal. Será no cine Salesianos de Vigo o venres 18 de marzo ás
20.30 h. Máis información en documento en PDF.
- Apunta no teu
calendario de actividades o domingo 24 de abril, celebraremos un
evento de MGxN en Santiago de Compostela, ao que acudirán
montañeiros de diversos puntos de Galicia. Estamos facendo a
programación e a difundiremos en canto sexa definitiva.
- Axuda na difusión,
dálle un ME GUSTA á páxina: www.facebook.com/galegospolonepal
Participa!
Moitas
grazas!
Ningún comentario :
Publicar un comentario