13/08/09

A miña historia nos Gasherbrum (Parte IV)

Foto: A miña mochila e ferramentas no cumio do G2. Detrás o G1.

Demorei bastante a saída do cumio, saboreando sensacións e recreando os meus sentidos. Pero inda tiña "deberes" na parte alta da montaña e ás 15.10 h iniciei o descenso, repetindo a adrenalínica aresta en sentido contrario. O resto da ruta non ten ningunha complicación e rapidamente estaba na longa travesía onde veuse a Luis por ultima vez (a uns 7.600 m), alí vin aos iranies descendendo.

Cando dous días antes estaba no C1, miraba ao G2 con desexos de cumio, pero tamén de atopar o corpo de Luis. No meu interior algo removíase incomodo. Tiña aquela cousa de que ningún do grupo de Luis nos achegaramos á ruta seguida por el, a onde podía estar o seu corpo, ou cando menos as súas cousas (tenda, etc.). Subir na busca de Luis foi unha motivación extra, case unha obriga moral.
No descenso do cumio, os deberes que me tiña impostos eran buscar o corpo do meu compañeiro, e eso foi o que fixen: na zona da “travesía” removín cada montón de neve (en 3 sitios) onde pola súa forma e situación podía acharse o seu corpo, incluso asomeime nunha greta por si refuxiarase nela... Nada, nin rastro de Luis. Atopar o corpo e fotografalo facilitaría os tramites da familia, un "desaparecido" é un problema burocrático. Recuperar as súas cámaras e por tanto as ultimas fotos de Luis seria grato para a súa familia. Sinto non poder facer mais.

Xa no C3, onde cheguei as 20.30 h rapelando tras os iranies, tocaba descansar e recuperarme.

Luns, 3. Agora toca apurar, dentro dun día comprometinme a iniciar o treking de regreso, uf! Recollo as miñas cousas e todo o de Luis (tenda, saco de durmir, algunha roupa e obxectos persoais). Tamén todo o lixo dos que pasaron por alí e 4 cargas de gas baleiras. Vou cargado dabondo, pero satisfeito de que as cousas de Luis non queden abandonadas na montaña.
Inicio o descenso, a neve esta cada día peor, parece que todo se vai esborrallar. Paso polo C2 e so paro un intre.
O seguinte tramo é a famosa "Banana", bastante vertical e fermosa, pero a neve é case auga e mete medo, uns metros por baixo unha das estacas que fixan a corda brilla deitada sobre a neve... Xa cara o final da Banana caio nunha greta, estaba rapelando e para saír teño que quitar a pesada mochila. No seguinte tramo de rapel, caio sobre as costas e deslizo uns metros ata que se tensa a corda... saltaran dúas estacas. Vou de susto en susto.
Por fin chego ao C1, son as 5 da tarde, aquí deixarei todo o de Luis para que o baixe un porteador.

Hoxe os meus compañeiros Marta, Carlos e Oskar fixeron cumio no G1. Unai e Arkaitz non aguantaron o frío e forte vento da madrugada e regresaron ao C3, onde todos iniciaran a ascensión. Tamén fixeron cumio Nestor (vasco), os dous porteadores de altura de Marta e Carlos, a coreana Oh Eun-Sun e dous dos seus sherpas e 3 checos, en total 12 persoas. Parabéns para todos eles!

Eu teño que seguir baixando, pero debo esperar a que o glaciar este nas mellores condicións, que será pola noite, todo ben xeado. Non teño mais remedio que baixar só, non gústame a idea pero non hai outra opción.
Como e bebo moito, necesito hidratarme ben e recuperar enerxía. Vou recollendo todas as miñas cousas e preparando outro mochilón que xa me doen as costas con so miralo.
Inicio o descenso cara o CB ás 21.45 h... sen saber o que me espera.
O glaciar esta moi aberto, hai infinitas gretas máis que cando subín por el fai máis dunha semana. Algunhas teñen os bordes tan separados que é imposible arriscarse a cruzalas só seguindo a ruta trazada, teño que dar rodeos e atopar alternativas, outras veces saltalas con vigor, tanto que nunha ocasión caín rodando no outro lado, pero é mellor pasarse que "quedarse corto" non?. Foi unha noite interminable, de terror, e non o digo por darlle dramatismo, pasei medo como nunca, avivado polo cansazo. Cheguei ao CB case as 6 da mañá (tardei unhas 8 horas!), xa espertara o día, pero case foi como chegar a seguridade do fogar, por fin.

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

2 comentarios :

Jorge Barreiro dixo...

Alegrome moito de que cumpriras ese soño, e máis ainda de que xa estés a bo recaudo. Non che escfibo máis de momento xa que estou dende a PDA e é un engorro. eso si, a miña funciona ben a estos 37º en Sanxenxo ;)

Un saúdo do teu curmán.

Xulio dixo...

Mmmm, estas descricións danme arrepíos!, como podes querer voltar a meterte noutra destas!?! En fin, supoño que xa terei ocasión de coñecer máis polo miudo a experiencia e ver as fotos. Un saudiño.