11/08/09

A minha historia nos Gasherbrum (Parte II)

Os checos xa non estaban no C3, deixaran tendas, comida e material para cando intenten cumio. Eu fixen auga e preparei algo para cear, tinha a comida xusta. Pronto deiteime, pero a pesares do canso que estaba costoume durmir, a minha testa non para de darlle voltas ao acontecido hoxe: vir de tan lonxe e quedar tan preto...
despois de subir 2.800 m en so' 3 dias (o normal son 4) e en solitario! Uf.. tan preto, por unha pequena nube...

A montanha e' asi, variable. Uns dias cuberta de nubes e outros despexada, mostrando todos os seus encantos; as veces en calma e outras co vento soprando con furia; con moita ou pouca neve, firme e compacta ou blanda esgotadora. E por suposto que entre un extremo e outro hai un sin fin de posibilidades. Que fermosura, nunca esta igual, esa e' parte da sua grandeza e poder de atracion.

No CB aprendin moito de estratexias, de ser pacientes, de pronosticos da meteo, de alimentacion, de estilos de ascension... de historias de montanhas e de montanheiros, de todo. Escoitei, observei, aprendin e logo tomei as minhas propias decisions, acertadas ao non, pero fieis ao meu entender como montanheiro e estilo de alpinismo, dinamico e independente.

Mercores 29. Dia de cans, neva dabondo e fai moito vento. A noite debeu ser moi fria, mais que onte, todo esta conxeado. Falo polo walki cos meus companheiros, estan no C1 (os 5 van intentar o G1), e informo de que non cheguei ao cumio e que vou baixar ao C2. Pidenme que quede un dia no C3, que manha mellora algo o tempo e eles subiran ao C2. Se me acende unha luz... se mellora a meteo podo ter un 2° intento de cumio. Os companheiros non o recomendan... e tenhen razons. Algo despois chamo para decirlles que non tenho comida e baixo. A minha aventura no G1 rematou.
A baixada foi infernal, coa xistra azotandome con violencia mentres rapelaba con dificultade polas cordas fixas xeadas e que tinha que ir desenterrando. Pero cheguei ao C2, inda que mallado e aguantando o arnes cunha man, xa que cenhido a tope se caia... asi de flaquinho estaba.
No C2 tinha moita comida e bastante variada, pronto din boa conta de gran parte dela, o meu apetito sempre e voraz. A PDA, que quedou neste campamento, segue sen funcionar. O telefono satelite vai mal pero as veces dame para unha chamada breve e informar da minha situacion, neste caso para dicir que o meu intento de ascension quedou a 209 metros do cumio.

Xoves 30. Os meus companheiros non subiron ao C2, non hai visibilidade. Presentaseme unha dificil situacion: no C2 non fago nada, quero baixar, pero... Para chegar ao C1 tenho que atravesar un perigoso glaciar e localizar un rapel, ten caido medio metro de neve e todas as gretas estaran tapadas por neve fresca, por suposto nin rastro da pegada e teria que baixar so', e' dicir, sen encordar!
Falo cos meus companheiros, Carlos desaconsella totalmente que baixe nesas condicions, que espere un dia a que mellore o tempo, que subiran eles e quedara a sua pegada. Pero ninguen garantiza que subiran (de feito ao dia seguinte tampouco subiron), ademais en todo caso teria que baixar so'.
Na montanha, como na vida, as veces tes que tomar decisions dificiles e esta iba en contra das minhas normas mais estritas "en glaciar sempre encordado". Pero o tinha claro, non queria quedar ali, non podo estar parado. Informei aos meus companheiros de que baixaria lento, sondeando o terreo e tomando todas as precaucions, ademais levaria o walki aberto.
O percorrido do C2 ao C1 leva 2-3 horas. Sen apenas visibilidade, pero gracias ao GPS e a ponher en cada paso todos os meus sentidos, conseguin chegar sen incidentes de consideracion ao C1 en 7 horas 45 minutos, nevando as 2 ultimas horas.
Os companheiros recibironme con alegria, debia parecer un fantasma (cuberto de branco) aparecido da nada. Marta dixome que podia estar contento polo que demostrei na montanha. Pero eu, dixen, non estaba contento (non fixen cumio) pero si moi satisfeito porque o dera todo por chegar arriba, agora sei que podo acadar un oitomil.
Os vascos invitaronme a cear na sua tenda. Falando con eles, contando como fora a minha experiencia, quedaron sorprendidos porque non aparentaba estar canso, Oskar dixo que pensou que eu estaria desfeito. Estar acompanhado foi moi grato pero despois da cea e un pouco de sobremesa retireime a minha tenda, tinha que descansar. Antes de deitarme, inda comin algo mais, como dixen antes, a minha fame non e' doada de saciar.

Sechu Lopez
Expedicion Karakorum 2009

1 comentario :

Mónica dixo...

Hola Sechu. Me llamo Ana María y estoy preparando un reportaje sobre Luis Barbero. Le he pedido a su sobrina, Lukene, el contacto de alguien que estuviera en el Gasherbrum cuando él desapareció. Me ha dado tu nombre. Si eres tan amable, facilítame un teléfono donde pueda localizarte o ponte en contacto conmigo. Gracias de antemano,
Ana maría
ana.m.ortiz@elmundo.es
91 443 65 61