04/05/12

No Campo 4 baixo (6850m)


As 14.00 do día de hoxe nova comunicación de Sechu, que con voz clara e tranquila di atoparse ben, aínda que cansado, xa que ten durmido moi pouco.
Está no campo IV Baixo, a 6.850 metros. Comparte tenda cun alpinista peruano.
Agora mesmo están nese campo un total de  11 alpinistas, xa que  aos nove que eran, engadíronselles dous alpinistas húngaros que, aínda que nun principio pensaron que estaban aclimatando, teñen tamén intención de facer cumio, polo que se sumaron ao grupo.
A intención para o día de mañá é subir ata o Campo IV Alto, a 7100 metros, descansar unhas horas e seguir cara ao cumio, aínda que pensa que será bastante complicado chegar arriba porque a carga de neve que ten a montaña é moi importante, e o tempo non termina de compoñerse e segue nevando.

2 comentarios :

Selot dixo...

Animo y suerte para que deje de nevar Sechu y si no se puede, no se puede.

Saludos
Javier Gonzalez

José Vera dixo...

Muchos ánimos, Sechu. Eres un fenómeno. Hagas lo que hagas, decidas lo que decidas, ya has demostrado que tienes unos huevazos.
A por ello.