Unha vez máis
teño que agradecer a difusión que me dan os medios de comunicación. Grazas ao
seu apoio na busca dun patrocinador para este ano, unha empresa de Vigo, Peixes Vimar, será quen de facer
posible unha nova expedición, aportando o 50% dos cartos necesarios.
A raíz da
publicación no xornal Faro de Vigo do premio de Mellor Deportista de Vigo 2012,
o pasado 9 de abril fun entrevistado en directo en Localia Vigo e Radio Vigo -
Cadena SER, entrevista na que se pedía un patrocinador para a miña vindeira
expedición, prevista para este verán a Paquistán. A esta iniciativa sumouse o
xornal Atlántico Diario (10 de abril) e despois a Cadena Cope Vigo.
Quero enviar o
meu agradecemento especial a Jacobo Buceta (Localia / Radio Vigo) pola súa
exitosa iniciativa.
Así foi como
Juan Mosquera, propietario de Peixes Vimar, tras escoitar a entrevista na
Cadena SER considerou a posibilidade de patrocinarme, contactou comigo para
interesarse polo meu proxecto e reunímonos na súa empresa, conversamos e, case
de inmediato, decidiu apoiarme para que poida levar adiante unha nova
expedición. O pasado venres 26 tivemos a segunda reunión para concretar
detalles e todo vai moi ben. Grazas Juan polo teu interese, apoio e confianza
nas miñas posibilidades.
Teño
47 anos, pero é frecuente que me boten uns cantos menos, o que sempre xustifico
ironicamente dicindo "o frío conserva".
E vai ser que agora unha empresa que distribúe
peixe fresco a centos e a miles de quilómetros vaime patrocinar e, ademais
dunha boa loxística... que fai falta para conservar ese peixe?
Plans de
Expedición 2013
Hoxe déronme
os resultados da resonancia, pola fractura do sacro (escalando en Perineos hai
xusto un mes). O oso está soldando ben e xa podo comezar a rehabilitación, con
adestramentos suaves e recuperando a forma perdida nestes últimos 20 días que
estiven deportivamente inactivo, podo ir nadar e algo de ximnasio, pero inda
teño que esperar 15 días máis para empezar a correr, bici, escalar... Estou moi
animado e con moitas ganas de adestrar e partir de expedición, pero... debo ser
razoable e tomar una decisión axeitada a situación actual, que non é
precisamente favorable.
Debería de iniciar
a viaxe a Paquistán en mes e medio aproximadamente, e agora non estou na mellor
forma física e hai moito que preparar, ademais necesito unhas semanas para
saber como vai respondendo o meu corpo tras a lesión...
Non quero
deixar pasar oportunidades, pero tampouco queimalas, o verán está demasiado
cerca, e debo tomar a decisión máis lóxica, esperar.
Así, os meus
plans de expedición para o 2013 cambian de obxectivo e datas. Comezo dende xa a
preparar unha expedición ao Himalaia para este outono, partindo no mes de
setembro. Obxectivo por determinar, pero adianto unha montaña que me gusta
moito e está integramente no Tíbet, o Shisha Pangma (8.027 m).
Sechu.
Vídeo
Vídeo da
entrevista cedido por Localia Vigo. Mencionar que cando se realizou a
entrevista eu inda non sabía da miña lesión.
1 comentario :
Animo Campeon!!!! Te seguiremos en el Sisha, como en el Annapurna! FORZA
Publicar un comentario