19/03/15

Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca

Esta semana participei na Gala do Deporte de Vigo e comarca, por terceiro ano consecutivo. Inda que desta vez non fun a recoller premio algún, senón a entregalos. Cando o Concello de Vigo propúxome participar deste xeito na gala de homenaxe aos mellores deportistas do ano, aceptei encantado. É unha satisfacción e unha honra entregar premios a deportistas, tanta como recibilos deles, quizais porque quen mellor saben o difícil que é obter un recoñecemento ao esforzo e sacrificio son aqueles que o conseguiron, nos inspiran e admiramos.

Na foto, lucindo a insignia do Comesaña Sporting Club na solapa, estou coas dúas mulleres triunfadoras da Gala: Carmela Cardama (atleta do Comesaña), elixida na Gala como a mellor deportista Sub-19, e con Susana Rodríguez (que tamén foi do Comesaña), elixida como a mellor a nivel absoluto.

O Comesaña, club decano do atletismo galego e do que son socio e atleta, celebra este ano o seu Centenario (1915-2015). Parabéns!

Foto: Ricardo Grobas (Faro de Vigo)



1 comentario :

Andres Villar dixo...

Un año en blanco no es nada, sigue trabajando como hasta ahora , el Makalu y otras grandes montañas llegaran cuídate, un saludo y buenas escaladas.